Rocío Mosquera afirma que o custe do actual sistema sanitario é "imposible de asumir"
A conselleira de Sanidade fixo estas declaracións nun encontro organizado pola Universidad Internacional Menéndez Pelayo, no que responsabilizou da situación á "falta de alfabetización en saúde" dos cidadáns e chamou a tomar medidas "a medio e longo prazo"
A contratación temporal baixa o paro en Galicia, que segue a perder poboación activa
O número de desempregados descende en 23.200 persoas no segundo trimestre segundo a EPA. O país conta con case 32.000 parados menos que hai un ano, pero tan só 18.400 persoas atoparon emprego no país. O número de activos descendeu en 13.400 e a temporalidade continúa medrando.
Somos Nós propón as 'bases' dun programa para un Grupo galego nas Cortes
Somos Nós presentou este mércores o documento O que queremos. Bases dun programa para un Grupo galego nas Cortes, elaborado polos grupos de traballo creados por este movemento
Centos de brigadistas alertan de que "Galicia non está preparada" para unha vaga de incendios
Os traballadores forestais manifestáronse en Compostela denunciando o "desmantelamento" do servizo público de prevención e extención. Os sindicatos demándanlle á Consellaría a apertura dunha mesa de negociación.
A CIG lémbralle a Sanidade a súa responsabilidade no control de augas
O sindicato critica que o Goberno galego tente culpar outras administracións do sucedido en Ferrolterra e alerta da escaseza de persoal na Consellaría para cumprir a súa finción de vixilancia sanitaria das augas de consumo humano e de baño
As vítimas do Alvia demandarán "responsabilidades políticas" o 24 en Compostela
A Plataforma Víctimas Alvia 04155 concentrarase o venres ás 11 horas na praza do Obradoiro pedindo unha vez máis a apertura dunha Comisión de Investigación Parlamentaria e denunciando a paralización do proceso xudicial.
Besteiro pide a nulidade do proceso contra el e carga contra De Lara por abrilo sen motivos
A defensa do líder do PSdeG reclama a súa desimputación e achega un escrito cunha morea de supostas irregularidades cometidas pola maxistrada, da que advirten que non é competente para levar o caso. O cambio de estratexia chega a poucos días da súa declaración.
O PSdeG acusa a Elena Candia de "exercer" de "delegada da Xunta"
O voceiro provincial socialista, Darío Campos, criticou que na xuntanza que a presidenta da Deputación mantivo con Núñez Feijoo non se tratou a demanda de hemodinámica 24 horas e Radioterapia para o HULA, entre outros asuntos
O deseño galego xúntase en Rianxo para analizar a situación da profesión
O 31 de xullo e 1 de agosto a Asociación Galega de Deseñadores organiza na vila mariñeira o 1º Encontro de deseñadoras e deseñadores galegos, con conferencias de Marcos Dopico ou Pepe Barro e un debate sobre "políticas de deseño para Galicia" moderado por Uqui Permui
De Sarria a Triacastela: as touradas buscan nos concellos do PP a súa supervivencia
O espectáculo de tortura animal, suprimido en Sarria, podería realizarse en agoto na localidade veciña, de tan só 721 habitantes. Colectivos abolicionistas alertan do prexuízo que isto pode provocar para a imaxe e o turismo da vila.
Contas advirte do elevado endebedamento da Xunta
O ente fiscalizador alerta de posibles problemas financeiros no caso de que non se asente a mellora económica ante a débeda de máis de 9.000 millóns
Bloque e CxG confirman que se suman á manifestación unitaria do Día Nacional
O BNG di querer compartir a marcha "cos nacionalistas, organizados en forzas políticas ou non" para reivindicar os "dereitos nacionais" do país, segundo aclara Vence. Bascuas anima a participar na manifestación e anuncia que a súa formación renunciará a levar distintivos.