As universidades reciben da Xunta 79 millóns de euros menos que en 2009
O orzamento total das tres universidades reduciuse en 86 millóns neste tempo, cun importante recorte nos seus gastos correntes e investimentos. O goberno galego instou a pasada semana á UDC a realizar máis "axustes" para solucionar os problemas de liquidez.
A esquerda volve reclamar que España xulgue os franquistas acusados pola querela arxentina
O BNG, xunto outros partidos do grupo mixto e Izquierda Plural, rexistran no Congreso unha iniciativa para que o Goberno permita procesalos ou extraditalos. Carlos Slepoy, avogado da demanda en Arxentina, lembra que o Estado incumpre resolucións da ONU e critica a actitude do PP.
O Concello da Coruña fará unha retirada "lúdica e cultural" das placas franquistas
O goberno local acorda coa CRMH elaborar un calendario nos vindeiros cen días para levar a cabo o cambio de denominación das rúas, homenaxe ás vítimas do franquismo e a participación da cidadanía á hora de decidir os novos nomes.
Mulleres e empregados do sector servizos: Os traballadores que máis sufriron a crise
Dende o 2009 os salarios dos galegos e galegas permanecen estancados, pero o efecto dos axustes nas empresas e na administración nótase especialmente nos soldos do sector terciario e nos das mulleres, que mesmo descenderon.
UDC: Recortar o gasto ou mellorar o financiamento?
A Xunta insta a Universidade da Coruña a realizar "axustes" para solucionar os problemas de liquidez que a pasada semana obrigaron á paralización dos seus gastos correntes. Pola contra, dende o Reitorado sublíñase que se trata dunha cuestión de "ingresos", ligada a un deficiente financiamento.
Toda a poboación galega respira aire contaminado
Xosé Veiras analiza no blog Un Claro no Bosque os resultados do informe La calidad del aire en el Estado español, elaborado por Ecoloxistas en Acción, que revela un empeoramento da calidade do aire. A Coruña e Arteixo sofren os niveis máis preocupantes.
O golpe (definitivo?) á piratería de Vidal Armadores?
O Goberno prevé unha multa de 10 millóns ao grupo pesqueiro galego por faenar ilegalmente na Antártida e sanciona 50 mariñeiros logo da operación 'Sparrow' contra unha compañía condenada xa sete veces e cuxos buques foron detidos en once ocasións.
O Concello da Coruña paraliza o Museo da Automoción que Jove planeaba nun parque
O alcalde Xulio Ferreiro anuncia que o executivo local non levará a cabo a modificación do Plan Xeral que se precisaba para construír esta polémica infraestrutura, logo de reunirse con representantes da plataforma cidadá contraria a este proxecto en Bens acordado por Negreira.
Consellos para un San Xoán que non estrague ou emporque a natureza
ADEGA publica unha serie de recomendacións para celebrar a noite do Lume Novo dunha maneira segura e sustentable.
Besteiro carga contra Feijóo por vetalo para o Senado: "é caprichoso e antidemocrático"
O secretario xeral do PSdeG asegura que eles nunca cuestionarían un candidato proposto polo PPdeG, tal e como fixeron no caso de Manuel Fraga.
A Marea Galega colle folgos e acumula máis forzas proclives
A man tendida do BNG a unha candidatura "de amplo espectro", o impulso de Alberto Garzón (IU) á "unidade popular" no país e a aposta das forzas que conformaron AGE e as mareas dan azos a unha confluencia cidadá pola que avogan tamén sectores críticos de Podemos en Galicia.
Nova marcha contra Ence da APDR, que alega o ditame de Costas
Unha nova manifestación, con menos participación que outros anos, oponse á ampliación da concesión de Ence na ría. A APDR cualifica de "falta de respecto" o informe da Administración que facilita a prórroga da pasteira.