O Festival do Norte volve á Illa de Arousa: Música en primeira liña de praia
Do 3 ao 5 de xullo Hercules & Love Affair, Hidrogenesse, Glass Animals, Javiera Mena, La Bien Querida, Fernando Alfaro ou Dorian actuarán neste paradisíaco escenario.
Galicia máis alá do PIB
Xosé Veiras analiza en Un claro no bosque a "obsesión" pola evolución do PIB, o crecemento e o gasto como variables para definir o benestar. E pon o foco noutros indicadores, coma o Better Life Index, proposto pola OCDE, no que Galicia non sae mal parada, aínda que -destaca- "o noso benestar é ecoloxicamente insustentábel".
Caballero e Lores fan valer as súas maiorías en Vigo e Pontevedra
Os dous rexedores recuncan no goberno das súas cidades con maiorías claras (absoluta no caso de Caballero e simple no de Lores). Son os únicos alcaldes das sete cidades que repiten no cargo.
Lara Méndez convértese na primeira alcaldesa da historia de Lugo
A socialista acada os apoios de Lugonovo e BNG, e substitúe no cargo a José López Orozco, rexedor nos últimos 16 anos. En Ourense non houbo sorpresas e Jesús Vázquez (PP) foi investido alcalde, ao votar DO e PSdeG-PSOE os seus propios candidatos.
Galicia estrea os seus novos Concellos
Abel Caballero (Vigo), Xulio Ferreiro (A Coruña), Jesús Vázquez (Ourense), Martiño Noriega (Compostela), Lara Méndez (Lugo), Miguel Anxo Fernández Lores (Pontevedra) e Jorge Suárez (Ferrol) foron investidos nas sete cidades, nunha mañá na que se resolveron as dúbidas existentes en Sarria e O Porriño, entre outras localidades. As mareas chegan ao poder na Coruña, Compostela e Ferrol.
"A por todas" para acadar a abolición das touradas en Pontevedra
Galicia, Mellor Sen Touradas iniciará unha campaña de difusión na cidade, denunciando as subvencións que cada ano entrega a Deputación e o convenio que mantén o Concello.
O novo modelo de préstamo de libros de texto provoca xa mobilizacións
A Federación de Anpas "convoca a comunidade educativa" para se mobilizar o vindeiro luns en diversas localidades contra un plan "insolidario". A Confapa segue a esixir a "inmediata retirada" da nova orde e pide "máis racionalidade e sensatez" á Consellería de Educación.
Ferreiro asume as competencias de seguridade e de política lingüística na Coruña
O novo goberno local da Marea Atlántica contará con catro tenencias de alcaldía, que ocuparán María García, Xiao Varela, Silvia Cameán e Alberto Lema. A área do rexedor asume máis competencias que o anterior executivo.
O TSXG estima o recurso de Carnota contra Benestar polo peche do seu Centro de Día
As instalacións foron clausuradas en 2013 e os seus usuarios e usuarias trasladadas a Muros. O concello carnotán denunciou que o xerente do espazo non tiña competencias para anular un convenio en vigor.
Máis impulso para unha Marea Galega: "Non se pode agardar máis"
Voces do nacionalismo e da esquerda insisten nunha confluencia "ampla, aberta e de base cidadá" de cara ás xerais co obxectivo de que Galicia conte cun grupo propio no Congreso. Un manifesto impulsado por De Toro, Docampo, Fernández Paz e Xurxo Souto insta a unha unión "necesaria".
A cruz franquista do Castro chega ao Tribunal Constitucional
A Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36 vén de presentar un recurso á anulación por parte do TSXG do ditame que obrigaba ao Concello de Vigo a retirar o monumento falanxista e grazas ás achegas da cidadanía e de varios colectivos da cidade.
A reforma do PP da xustiza universal obriga ao arquivo do caso José Couso
Pedraz pecha a causa polo asasinato do cámara galego forzado pola reforma da lei de xurisdición universal e despois de que o Supremo acabase coas pescudas polos delitos da China no Tíbet. Todo, malia que "hai suficientes indicios racionais de que os procesados serían os autores dos delitos".