Fajardo: "Se isto llo fixeran a un parlamentario do PP, estarían falando de terrorismo"
O deputado de AGE e os seus familiares volveron ser ataques de odio político, un acoso que se iniciou durante a campaña electoral, e que non se detén. O arousán denuncia a deixadez da policía e tema que as agresións poidan ir a máis.
15 prazas menos en Conxo nun escenario de "agravamento" da saúde mental
O Movemento Galego da Saúde Mental acusa a Consellaría de Sanidade de "mentir" nos argumentos empregados para xustificar o recorte e sinala que "a quen nos goberna élle indiferente que a situación dos máis febles da sociedade siga a empeorar"
Tres días para unir (un pouco máis) Galicia e Portugal
Do 10 ao 13 de xuño A Coruña acolle unha chea de actividades culturais protagonizadas por autores e autoras do sur do Miño no marco da iniciativa Cuturaqueune.com. En maio creadores e creadoras galegas visitaron a vila lusa de Amarante co mesmo obxectivo.
'Todo pirolos', 100% de masculinidade
Un espazo colaborativo de Facebook sinala aqueles eventos ou colectivos galegos nos que non hai nin unha soa muller, algo desgraciadamente bastante habitual. Segue o ronsel de iniciativas semellantes coma allmalepanels
Os premios Xerais reivindican "o poder sempre vivo da palabra"
Érica Esmorís, Andrea Maceiras e Héctor Cajaraville gañan os Premios Xerais 2015 coas súas obras 'Nena e o mar', 'Europa Express' e 'De remate'
Ferrol en Común e PSdeG pechan un "programa de mínimos" e cren "esencial" ao BNG
Jorge Suárez e Beatriz Sestayo auguran a apertura dun "novo tempo dende a esquerda" e agardan que o Bloque apoie o novo goberno "xa sexa formando parte do mesmo ou mantendo unha oposición leal e construtiva".
Así será o primeiro goberno da Marea Atlántica
A plataforma coruñesa aproba unha estrutura de goberno con catro áreas transversais e cinco sectoriais. Os dez edís terán dedicación exclusiva e todos, subliñan, cumprirán o compromiso de non cobrar máis de 40.000 euros brutos anuais.
A produción industrial en Galicia segue sen levantar cabeza
O índice de produción industrial caeu en Galicia en abril un 1,4% fronte ao ascenso do 2,7% no conxunto do Estado. No que vai de ano, Galicia continúa cinco veces por baixo da media española.
Carril dimite por "ética e responsabilidade" e Avia Veira será a voceira do BNG na Coruña
A asemblea do Bloque coruñés respecta pero non "comparte" a marcha do voceiro polo seu "excelente" traballo.
"As axudas ao talento déronnos un campo no que xogar. Iso explica o éxito do cinema galego"
O Festival (S8), que comezou este mércores na Coruña, dedícalle un foco especial este xoves a Xacio Baño (Xove, 1983). Ademais, a sección Sinais permitiu ver as obras dunha vintena de autores e autoras galegas.
Uxía e Narf cántanlle á "Galiza imaxinaria"
O vindeiro mércores 10 de xuño presentarán no Salón Teatro de Compostela o seu primeiro disco conxunto, As baladas da Galiza imaxinaria, no que interpretan temas de ambos os dous, cancións novas e tamén versións, coma 'Encontrarte’ e ‘Nana de Zemambiquo’.
Catro de cada dez fogares galegos non poden afrontar gasto imprevisto ningún
As estatística do INE desmenten a recuperación, cando menos entre as familias en Galicia. Máis da metade delas non poden permtirse marchar de vacacións nin tan sequera unhah semana ao ano. O 16% non manteñen a vivenda a unha temperatura axeitada.