O Resurrection Fest quence motores cun cartel de luxo
O festival trae a Viveiro todos os anos máis de 40.000 persoas. Entre o 16 e o 18 de xullo actuarán Motörhead, KoRn, Refused, Berri Txarrak ou Toundra.
O audiovisual do futuro comeza a navegar no Olloboi
Este sábado 30 celébrase en Boiro unha nova edición do festival Olloboi, unha mostra audiovisual e de cinema na que participan máis de 60 centros de ensino de toda Galicia. Federico Pérez e Xosé A. Touriñán presentan unha gala que entregará dez galardóns.
Illa Pancha: Outro espazo público reconvertido para o lucro privado
O Consello de Ministros aprobou a pasada semana a construción dun hotel nas instalacións do antigo faro deste enclave próximo a Ribadeo. Moitas voces alertan da posible degradación dun espazo "único".
Sarria pode quedar, ao igual que A Coruña, liberada de touradas
O PP perdeu a maioría absoluta nas eleccións do domingo, abrindo a porta a un goberno de coalición PSdeG-BNG-CxG, que impediría a celebración do espectáculo taurino previsto para este 28 de xuño.
Galicia confirma o seu estancamento ao subir o PIB a metade que no Estado
A economía galega medra un 0,5% fronte ao 0,9% de España, cuxo crecemento con respecto a hai un ano supera en case dous puntos ao experimentado por Galicia, cuxo PIB aumenta un 0,9%.
A música galega esixe a restitución de 'Planeta Furancho'
Ada Seoane, Josito Porto e Alex Sevilla destacan en rolda de prensa que "a cultura musical deste país ten que contar cun tempo na Radio Galega en horario non intempestivo". Este xoves está convocada unha concentración na Praza do Toural de Compostela
España rexeita demandar a Noruega ante o TEDH polos mariñeiros galegos sen pensión
O Goberno central recomenda aos ex mariños que sexan eles os que acudan á xustiza norueguesa e que esgoten todas as vías antes de levar aquel país ante Estrasburgo.
O PP revalida o seu dominio no Ourense rural, pero 'pincha' nas vilas
Obtén 61 maiorías absolutas nos 93 concellos da provincia pero perde vinte mil votos. Gobernará a capital, pero entre as vilas ourensás só queda con Celanova e Xinzo. As súas dúas fichaxes, Teresa Barge (ex-BNG) e Avelino de Francisco (ex-PSdeG) gañan con claridade en A Bola e Cortegada.
O croio do PP: as vilas medias
As poboacións medianas seguiron a estela das cidades e castigaron co voto ao Partido Popular que, aínda sendo o máis votado, experimenta unha enorme baixada nestes núcleos
Fóra das cidades tamén subiu (algo) a marea
As candidaturas de confluencia pegaron con forza nas cidades. Porén, tamén en concellos das áreas metropolitanas, moitas vilas e mesmo algúns concellos da zona rural, houbo listas enmarcables neste espazo político que conseguiron importantes resultados.
O PP acada o peor resultado da súa historia municipal en Galicia
Os populares perden uns 200.000 votos a respecto de 2011 e retroceden a niveis de comezos dos 90. Feijóo aférrase a que o PP logrou en Galicia maior porcentaxe de sufraxios que no resto do Estado.
O PP gaña en Ourense, onde Democracia Ourensana dá a gran sorpresa
Xesús Vázquez prevese novo alcalde da cidade das Burgas logo de que os populares fosen o partido máis votado, con 10 concelleiros. A formación liderada por Gonzalo Jácome obtén 8 edías, mentres o PSdeG perde 5 e o BNG desaparece do consistorio. Ourense en Común entra con 3.