A terra dos Hugos e das Noas
Hugo e Noa convertéronse nos nomes máis populares para os galegos e galegas nacidas nos últimos anos. Porén, no conxunto do censo, seguimos sendo un país de Manolo e Mari Carmen. Os apelidos máis comúns: Rodríguez, Fernández e González
A música galega protesta ante a supresión de 'Planeta Furancho'
A CRTVG decidiu supender este programa de Radio Galega Música, un constante apoio para as bandas do país nas súas máis de 1.400 emisións. Está convocada unha concentración, este sábado ás 21.30 horas, ás portas da radiotelevisión pública
A suba do canon de Sogama podería ser inconstitucional
O Xulgado Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense atende unha demanda do Concello de Piñor contra a suba do canon de Sogama e elevará o caso ao Tribunal Constitucional. Isto podería paralizar os procesos abertos aos concellos que se negaron a pagar.
O Ourense Baloncesto pega primeiro (83-52)
O COB arrasou ao Breogán no primeiro partido dos play-off de ascenso á ACB. O domingo xogarase o segundo encontro, tamén na cidade das Burgas.
Galicia, a comunidade con menor cobertura de banda larga
Os datos do Ministerio de Industria botan por terra o optimismo amosado pola Xunta o pasado 17 de maio, cando destacaba a extensión desta tecnoloxía no país. O ADSL a máis de 10Mbps chega ao 51%, vinte puntos por debaixo da media española
Votarías por unha persoa que chama prostituta á candidata do BNG en Ourense?
O candidato de Democracia Orensana, Gonzalo Pérez Jácome, realizou estas insinuacións durante un debate electoral, molesto polo ruxe-ruxe que afirma que o PP xa negocia coa súa formación un pacto post-electoral.
A policía, "estupefacta" pola liberdade dos acusados do asasinato de Jimmy
Un novo xuíz deixa libres os catro ultras do Frente Atlético que presuntamente asasinaron o afeccionado do Deportivo tras as declaracións de dúas testemuñas que, meses despois, din que o agredido non era el. Os axentes din non ter "dúbida ningunha" de que o asasinado é o que sae nas imaxes.
O Consello Escolar rexeita a versión galega da Lomce
CIG, UGT, CC.OO., Confapa-Galicia, USC e os Movementos de Renovación Pedagóxica votan neste órgano consultivo a retirada do anteproxecto de decreto de ESO e Bacharelato,
CxG apela ao voto indeciso en Compostela para garantir un goberno "de progreso"
Bascuas apela ao voto socialdemócrata ante a posibilidade de que "o PSOE de Francisco Reyes facilite que continúe o PP"
Os modelos de negocio en código aberto, a debate en Compostela
O vindeiro 12 de xuño AGASOL organiza a xornada (r)evoLuƧión, na que intervirán Juan Freire ou Javier de la Cueva e representantes de empresas galegas e estatais con presenza internacional como Paco y Lola, OpenROV, ICARTO, Anubia ou IGALIA.
Que sería de Cans sen os veciños e veciñas?
Este mércores comeza a duodécima edición do festival que, coma todos os anos, dedica a súa primeira xornada á veciñanza da parroquia.
O galego, a flor de pel
O Clube da Lingua do IES Marco do Camballón (Vila de Cruces) busca financiamento para editar en papel o seu proxecto Tattoos da Galiza, que recolle 160 exemplos de tatuaxes en lingua galega ou de estética ou temática relacionada con Galicia