O #derbidomiño garante outro derbi galego en ACB 14 anos despois
Breogán e COB Ourense enfróntase desde o vindeiro venres por unha praza na elite do baloncesto estatal, onde agarda o Obradoiro. Os dous conxuntos repiten ante a final da LEB Ouro o espírito fraternal e de deportividade que impulsaron no seu último partido na liga regular.
17-M: Today, ¿qué hacemos?
Today is the day. Hoy se celebra el Día de las Letras Gallegas. E nós, que facemos?
A Marea Atlántica insta a impulsar o galego "máis alá das paixóns tristes"
A plataforma coruñesa realiza un percorrido pola "alma da cidade" na xornada previa á celebración do Día das Letras Galegas
Día das Galegas nas Letras: Defender "ás nosas"
Gz Vídeos ofrece unha crónica audiovisual do acto organizado pol'A Sega e a Liga Estudantil Galega para conmemorar o segundo Día das Galegas nas Letras, dedicado nesta ocasión a María Victoria Moreno.
3 días de lingua e letras
Dende os actos institucionais que terán como escenario Pontevedra, ás concentracións convocadas o domingo por Queremos Galego en oito vilas e cidades, pasando por outras moitas actividades organizadas por concellos e entidades sociais, as Letras Galegas serán protagonistas ata o domingo
Os mariñeiros sen pensión volven presionar para que o Estado denuncie a Noruega
Os ex mariños que non cobran prestación social ningunha malia ter traballado anos nos buques daquel país maniféstanse en Compostela e anuncian unha xuntanza co Ministerio de Asuntos Exteriores.
Piden "explicacións" e "responsabilidades" polo asasinato machista do hospital de Ourense
Entidades feministas concentráronse este mércores ás portas da Consellería de Benestar, onde se reunía o Observatorio Galego da Violencia de Xénero. Demandan a comparecencia urxente de Alfonso Rueda no Parlamento
Queres ser un alcalde corrupto? Fai clic!
A empresa galega Meiga Labs lanza o xogo Corrupt Mayor Clicker (para Android e moi pronto con versión iOS) no que podemos converternos nun político pouco honrado que vai acumulando cartos para depositalos na súa conta en Suíza.
Autorizan unha nova fumigación masiva de eucaliptos cun produto tóxico para as abellas
ADEGA ve a man da industria papeleira detrás da aplicación desta fumigación masiva, solicitada pola Xunta e autorizada polo Ministerio, e que afectará á totalidade das provincias da Coruña e Pontevedra e ás comarcas do Ribeiro e A Mariña
As universidades amosan "preocupación" polo futuro da lingua e esixen que se cumpra a lei
Os departamentos de Galego de USC, UDC e Uvigo difunden unha declaración conxunta que critica a falta de desenvolvemento do Plan de Normalización aprobado por unanimidade en 2004 e os efectos do Decreto de Plurilingüísmo
Galicia perdeu máis de 7.500 empregos públicos en dous anos
UGT debulla nun informe a perda de máis de 538 millóns de euros de gasto nos servizos públicos en Galicia desde 2011 e a drástica redución de traballadores públicos, así como a "externalización de funcións e actividades" básicos para o mantemento do Estado de Benestar.
Denuncian a degradación da atención sanitaria pola política de substitucións do Sergas
Ata 300 médicos de familia da área sanitaria de Coruña-Cee apoian un escrito que critica o abuso da bloqueos de axenda, intersubstitucións dentro do propio centro e prolongacións de xornada para cubrir baixas.