O BNG exixe a Facenda que acate as sentenzas que dan a razón aos emigrantes de Alemaña
Dez mil euros de fianza para os candidatos do PP en Carnota que serán xulgados polo TSXG
O ex alcalde José Oreiro e a ex tenente de alcalde Marisol Piñeiro (actualmente deputada no Parlamento galego) están acusados dun presunto delito de prevaricación. Son ademais, número 1 e 3 da candidatura do PP nas eleccións municipais.
Vence advirte do "medo a perder poder" do PP que o leva a mudar o criterio sobre os pactos
O voceiro nacional do BNG ironiza sobre a suposta "estabilidade" das maiorías absolutas dos populares, "as mesmas que durante catro anos encheron Santiago de corrupción e paralizaron a cidade". Ademais, reivindica o BNG como un partido que "está na rúa e non nos platós de televisión"
O naval ferrolán irrompe en campaña farto de promesas incumpridas
Alcaldes da comarca, Besteiro (PSdeG), Yolanda Díaz (AGE), Carme Adán (BNG) e varios alcaldes de concellos da comarca coinciden nunha marcha que volve reclamar carga de traballo e se celebra na campaña para esixir que o sector sexa "eixo fundamental dos programas".
O PP acumula xa varias denuncias por presunta manipulación do voto por correo
Tras o expediente aberto a dúas candidatas de Amoeiro, a Xunta Electoral terá que resolver sobre demandas semellanes en Sandiás ou Vilardevós. O PSOE alerta en Xinzo do sospeitoso aumento de solicitudes de voto por correo.
Beiras confía no efecto "bóla de neve" das mareas e de Compostela Aberta
O líder de Anova apoia a Martiño Noriega no primeiro dos debates que organiza a plataforma cidadá e insiste en que a confluencia electoral en candidaturas é "o futuro" e agarda que a fórmula se estenda para futuros procesos electorais.
"Cosmos ataca a Marcos, pero tamén a mobilización e a liberdade de expresión"
Visto para sentenza o xuízo ao activista da asociación O Iribio, a quen a cementeira reclama 45.000 euros por "danos e prexuízos no seu honor" tras criticar os polémicos traballos que organizacións e partidos políticos denuncian por danar o patrimonio cultural, paisaxístico e arqueolóxico.
O PP financiou ilegalmente a primeira campaña de Fraga en Galicia
O Partido Popular achegou cando menos 500 millóns de pesetas desde Madrid ao PPdeG para os actos de 1989, ano da primeira vitoria de Fraga no país, segundo os papeis de Naseiro. Gastou o dobre do límite imposto polo Estado, de 235 millóns, e o partido declarou que só investira 199.
Alberto San Juan leva este venres a Teo o seu ‘Autorretrato de un joven capitalista español’
No monólogo, o actor relata a historia recente, dende a Ditadura, pasando pola Transición, o ascenso do PSOE ao poder e a progresiva privatización dos servizos públicos, para entender como chegamos á crise actual
Así comeza a campaña municipal galega
As forzas políticas abren esta medianoite a campaña das eleccións municipais. Mapa no interior dos primeiros actos da carreira electoral.
Acto contra as mortes no Mediterráneo e o "xenocidio migratorio"
Varias entidades organizan este sábado na Coruña unha 'performance' para denunciar as a "hipocrisía da UE e dos diferentes Estados"ante as traxeidas que "están converter o Mediterráneo nunha fosa común"
A Plataforma en Defensa da Casa da Xuventude reactívase e pide o cese de Mercedes Valeiras
O movemento está a celebrar asembleas e accións para poñer en valor a traxectoria da Casa. A vindeira semana fará públicas unha serie de iniciativas e reivindicacións, que comezan pola petición de dimisión da coordinadora de actividades do centro