"A área de Humanidades é a máis afectada polos recortes en educación"
Decanos e decanas de todas as facultades galegas de Humanidades e Artes leron este mércores en Compostela o Manifesto de Salamanca, unha declaración en defensa do ensino público en xeral e desta área en particular.
Cans fai unha ducia sen deixar de renovarse
Este martes presentouse a duodécima edición do festival, que contará con José Luis Cuerda como estrela convidada e que, entre o 20 e o 23 de maio, ofrecerá moito cinema e moitísima música, con máis de vinte concertos.
O PP excúlpase da ruptura do consenso lingüístico
O grupo popular rexeita a proposta do BNG para elevar a rango de lei o Plan Xeral de Normalización e acusa os nacionalistas de "rachar con todos os consensos sobre a lingua" e de "querer converter a lingua en centro de confrontación política".
7 países de todo o mundo acolleron en abril congresos de estudos galegos
Ademais do Congreso da AIEG, celebrado en Bos Aires, houbo encontros académicos en Irlanda, Polonia, Portugal, Reino Unido, Brasil, Estados Unidos e Francia. Alemaña e Estados Unidos organizarán tres importantes eventos máis nos vindeiros meses
A Semana Santa reduce o paro rexistrado, que segue a baixar máis do que medra o emprego
O número de parados apuntados nas oficinas de emprego descende en máis de 7.376 persoas en Galicia en abril, mentres que o número de cotizantes aumenta en máis de 6.000.
Lugo retira as honras ao ditador Franco malia o voto en contra do PP
O grupo popular rexeita a decisión e o alcalde López Orozco gaba a figura de Manuel Fraga, tras aclarar a marcha atrás na decisión de darlle o nome dunha rúa ao ex presidente da Xunta.
Os dominios '.gal', un 50% máis baratos no mes das Letras
Ata o 31 de maio o dominio galego terá un prezo reducido, entre 21 e 25 euros máis IVE. O dominio, que fai agora un ano dende a súa delegación, está a piques de acadar os dous mil rexistros
17 bens patrimoniais galegos, na 'lista vermella'
A Asociación Hispania Nostra traballa dende hai case 40 anos promovendo a conservación e o acrecentamento do Patrimonio Cultural e Natural e elabora unha listaxe de elementos ameazados, ao que vén de incorporar o lalinense Pazo de Bergazos.
"Esquecemos que o periodismo é un compromiso, unha alianza cos cidadáns"
O Colexio de Xornalistas publica un manifesto polo Día Mundial da Liberdade de Prensa, redactado por Fernando Varela (InfoLibre). A Federación de Sindicatos de Periodistas chama aos traballadores da comunicación a mobilizarse contra a precariedade no sector e polo dereito á información
Podemos e as forzas de AGE escenifican o seu apoio a Marea Pontevedra
Podemos, Espazo Ecosocialista, Anova e Esquerda Unida participaron este sábado nun acto de apoio á candidatura encabezada por Luís Rei, que sinalou que “estamos demostrando ser os únicos que escoitamos o berro de rebelión do 15-M”
O BNG acusa a Feijoo de ser "cómplice da extorsión da industria aos produtores de leite"
Xavier Vence instou dende Lalín ao Goberno galego a “deixar de mirar de esguello” para involucrarse na defensa do sector. “Non podemos entender esta actitude pasiva da Xunta e do PP", dixo
Denuncian a falta de bibliotecas en Vigo e demandan a súa apertura en varios barrios
Unha petición online sinala que a cidade só conta con dous centros públicos, no Casco Vello e no Calvario, fronte aos oito dos que dispón A Coruña, con menos poboación. A oferta complétase en Vigo con algunas bibliotecas dependentes de Afundación, a universidade e outras entidades