A esquerda recupera Ferrol e mantén Lugo
Rey Varela (PP) perdeu a maioría absoluta na cidade departamental, onde Jorge Suárez (Ferrol en Común) pode converterse no novo alcalde, co apoio de PSdeG-PSOE e BNG. En Lugo o PP foi a forza máis votada, pero PSdeG-PSOE, Lugonovo, BNG e ACE suman unha clara maioría nunha corporación moi fragmentada
Martiño Noriega será o novo alcalde de Santiago
Compostela Aberta supera en votos e concelleiros ao PP. Obtén 10 edís polos 9 dos populares, que perden a maioría absoluta e catro representantes. O PSdeG sofre un duro golpe e pasa de 9 a 4, mentres o BNG mantén 2.
Caballero e Lores consolidan o seu dominio
O alcalde vigués obtén unha esmagadora maioría absoluta, con 17 de 27 concelleiros; PP (7) e Marea (3) completan unha corporación da que quedan fóra BNG e C's. En Pontevedra o BNG gaña un concelleiro, ata os 12, quedando ás portas da maioría absoluta, e superando a PP (7), PSdeG (3), Marea (2) e C's (1)
As mareas impulsan o primeiro fracaso electoral de Feijóo
O PP perde as súas maiorías absolutas e segue sendo forza máis votada en Ferrol en Lugo, cidades nas que caberían pactos de esquerda. Vázquez será alcalde de Ourense pero dependerá de Democracia Ourensana
As sondaxes sitúan a Colau e Carmena en cabeza
A enquisa a pé de urna da Forta apunta a unha axustada vitoria de Barcelona en Comù e Ahora Madrid. O PSOE podería gobernar as comunidades de Aragón, Madrid e Asturias. O PP podería manter o seu dominio en Valencia
A enquisa da CRTVG dálle A Coruña e Santiago ás mareas e pon o PP ás portas de Lugo e Ourense
A sondaxe difundida pola CRTVG arrebátalle a Feijóo as alcaldías coruñesa e viguesa. En Ourense o ascenso da forza local Democracia Ourensana sería a gran sorpresa.
A participación aumenta máis dun punto en Galicia a media tarde
As 14 horas votara o 33,24%, fronte ao 34,89% de 2011. A caída é maior nas provincias de Lugo e Ourense. Por comunidades, a afluencia ás urnas só crece en Catalunya, Madrid, Euskadi e Navarra
BNG e PSdeG denuncian varios casos de 'carretaxe' de anciáns
Os socialistas presentan fotografías e vídeos de persoas dun asilo acudindo a votar acompañados por monxas e militantes do PP en Pontedeume, entre eles a muller do tenente de alcalde. Tamén hai denuncias en Vimianzo, O Carballiño, Nogueira de Ramuín, Rairo ou Lugo. Vídeo no interior.
O Cans da ducia xa ten gañadores e gañadoras
Premio do xurado á mellor curtametraxe foi para Curricán, de Álvaro Gago. Mentres, o premio do xurado dos veciños foi para Disney, de Jorge Saavedra. O premio do público foi para Deber, de Ángel Manzano.
'A Estrada Pode' pide que se investiguen asfaltados realizados polo Concello na campaña electoral
Denuncia ante a Fiscalía Anticorrupción, o Xulgado da Estrada e mais a Xunta Electoral de Zona obras realizadas nos últimos días en beneficio de empresas privadas e particulares
O Dépor, un ano máis en Primeira
O equipo branquiazul mantén a categoría, con moito sufrimento, grazas ao empate acadado ante o Barça (2-2). Os branquiazuis chegaron a ter moi difícil a salvación, dous goles abaixo. Porén, os goles de Lucas (67') Salomão (76') valen a permanencia.
Sábado máxico en Cans
O festival celebra hoxe a súa xornada grande, na que destaca a presentación de Dos gaiteiros do Mar, de Xurxo Souto, a actuación de Davide Salvado ou o concerto de Def con Dos, ademais das sesións de curtas, videoclips e webseries, así coma a entrega de premios.