Científicos da ONU chaman a cambiar a dieta mundial con urxencia para frear a crise climática
Un panel internacional de expertos sinala que deben recortarse as emisións de gases na produción de alimentos, que supoñen o 25% do total
Un investigador do Sergas cobrou "honorarios" de farmacéuticas cuxas vacinas promociona
O pediatra galego explica que estes pagos "se corresponden con actividades como consultor ou relator na miña área de coñecemento e experiencia investigadora" e "sen ningún outro tipo de condicionante". Estes vencellos son declarados "pertinentemente" en "cada unha das situacións que puidesen chegar a interpretarse potenciais conflitos de interese", agrega
A anulación do permiso ambiental á mineira de Touro en Riotinto lastra o seu plan en Galicia
A Xustiza anula a autorización en Huelva de Atalaya Mining por ocultar información clave durante a concesión. A empresa di que o proceso en Galicia "vai con moi bo progreso" pero Ecologistas en Acción, entidade demandante, advirte da "situación financeira moi delicada" da firma.
A doazón multimillonaria de Amancio Ortega á sanidade pública: gabanzas, críticas e dúbidas
Asociacións de pacientes e radioterapeutas agradecen a achega do empresario galego, que doa 320 millóns en equipos oncolóxicos, pero outros colectivos censuran que sexa finalista ou que o dono de Inditex empregue "manobras fiscais" para pagar menos impostos
As tres candidaturas de Madrid aos Xogos supuxeron un gasto de cen millóns de euros
Inclúese publicidade, 'lobby', xestión e preparación dos tres intentos da capital do Estado. Os patrocinadores privados pagan parte dos gastos, pero reciben beneficios fiscais e levan varias licitacións dos distintos actos.