Dende o ano 2015 vén desenvolvéndose anualmente o evento LGx15, unha iniciativa da CTNL na que a través de charlas breves (un máximo de 15 minutos) se busca transmitir de maneira "visual, entretida e divertida" ideas, argumentos e consellos para "influír positivamente sobre o futuro do idioma"
Dende o ano 2015 vén desenvolvéndose anualmente o evento LGx15, unha iniciativa da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) na que a través de charlas breves (un máximo de 15 minutos) se busca transmitir de maneira "visual, entretida e divertida" ideas, argumentos e consellos para "influír positivamente sobre o futuro do idioma".
Na novena edición, celebrada o pasado mes de outubro no Teatro Principal de Pontevedra, participaron Paco Veiga, Carlos Airas, Magdalena Sánchez, Kiko da Silva, Fran da Lobeira e Neves Rodríguez, que presentou un acto que contou coa música de Xiao Berlai. A iniciativa contou coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, do Concello de Pontevedra, de Deleite e da Fundación Galicia Sustentable.
Un dos obxectivos de LGx15 é que os vídeos das intervencións se difundan máis aló do evento no que teñen lugar e para iso publícanse nas redes sociais a través de Youtube, para poderen ser consultados por todas as persoas interesadas. Ao longo do Nadal a CTNL foi colgando os vídeos da novena edición, que xa se poden consultar integramente na web da iniciativa.
Na novena edición, celebrada o pasado mes de outubro no Teatro Principal de Pontevedra, participaron Paco Veiga, Carlos Airas, Magdalena Sánchez, Kiko da Silva, Fran da Lobeira e Neves Rodríguez, que presentou un acto que contou coa música de Xiao Berlai
Cos vídeos deste ano a CTNL compila xa 65 intervencións con experiencias, propostas e ideas para o futuro da lingua. Todas elas poden verse no web do LGx15 e en YouTube. En YouTube tamén é posible consultar os vídeos en listas de reprodución de diferentes temáticas, de forma que temos LGx15 e ciencia, audiovisual, educación, lingua de acollida, crianza, neofalantes, deporte, comunicación, tendencias, patrimonio, xente moza, recursos, creatividade, economía…
A comunicadora e actriz Neves Rodríguez, alén de conducir o acto, reivindicou o compromiso coa lingua e a necesidade dos medios de comunicación en galego na charla Os medios públicos galegos: parte de nós.
Cos vídeos deste ano a CTNL compila xa 65 intervencións con experiencias, propostas e ideas para o futuro da lingua
Mentres, o historietista, ilustrador, editor e docente Kiko da Silva relatou as oportunidades que nos pode ofrecer a BD para o futuro da lingua, co título A BD que falaba vegliota, en homenaxe a Reimundo Patiño.
O mestre e pedagogo Paco Veiga presentou en O valor das palabras a súa análise da situación sociolingüística percorrendo suxestivos termos que fan reflexionar.
O emprendedor Carlos Airas contou a súa experiencia como empresario no sector cultural na charla As tribulacións dun galego na Galiza.
De igual xeito, a tradutora audiovisual e subtituladora Magdalena Sánchez fixo unha panorámica do valor da tradución audiovisual e da dobraxe en A dobraxe como factor normalizador: dende a TVG ás grandes plataformas.
Ademais, Xiao Berlai, guitarrista, mandolina, voz, compositor e letrista de Berlai, interpretou varias das pezas do seu último traballo, Estampas galegas
Finalmente, o youtubeiro e twitcheiro Fran da Lobeira ofreceu receitas para mellorar a presenza da nosa lingua en YouTube con Dálle ao gústame e subscríbete. Normalizar con YouTube