O tren e o bus era xa medios de transporte moito máis económicos que o coche, alí onde chegan as liñas e hai frecuencias suficientes, pero o actual encarecemento da gasolina está facendo moito máis amplas as diferenzas no custo total
A suba do prezo dos combustibles ata roldar os 1,9 euros por litro de gasolina, unido ao constante encarecemento das peaxes das autoestradas nos últimos anos, fai que cada vez sexa máis caro viaxar en coche, facendo máis atractivas as alternativas de transporte público. As primeiras medicións mensuais publicadas polo Ministerio de Transporte na súa estatística da Intensidade Media Diaria (IMD) amosan un lixeiro descenso no no número de coches que circulan polas entradas en relación aos meses anteriores. Cambios moi pequenos, iso si e que poden deberse á suba dos prezos ou a outras cuestións, pero que poden estar relacionados dun aumento paralelo da cifra de usuarios de tren e autobús.
En realidade, o tren e o bus era xa medios de transporte moito máis económicos que o coche, alí onde chegan as liñas e hai frecuencias suficientes, pero o actual encarecemento da gasolina está facendo moito máis amplas as diferenzas no custo total. Abonda con realizar unha comparación entre o que debe pagar un condutor que viaxe só por un traxecto de ida entre as cidades galegas e os prezos dos billetes do transporte colectivo. Fóra das zonas urbanas, iso si, o coche segue a ser pouco menos que imprescindible.
Viaxar en coche entre A Coruña e Compostela custa 16,40 euros, dos que 9,20 corresponden á gasolina. En cambio, o traxecto en tren (que se realiza na metade de tempo) ten un custo de 7,60 euros. Atopamos diferenzas semellantes entre Vigo e Compostela (21,28 euros en coche, 11,5 euros en tren, 7,6 euros en bus)
As diferenzas son moito máis amplas nos desprazamentos entre as cidades situadas na AP-9: Ferrol, A Coruña, Compostela, Pontevedra e Vigo, xa que ao custo crecente do combustible hai que sumar o das peaxes, por riba dos 7 euros entre A Coruña e Santiago e máis de 10 entre a capital de Galicia e Vigo.
Así, hoxe viaxar en coche entre A Coruña e Compostela custa xa ao redor de 16,40 euros, dos que 9,20 corresponden á gasolina. En cambio, o traxecto en tren (que se realiza na metade de tempo) ten un custo de 7,60 euros. O prezo do autobús (6,55 euros) é aínda máis barato que o do tren, aínda que a viaxe ten unha duración maior.
Atopamos diferenzas semellantes no traxecto entre Vigo e Compostela (21,28 euros en coche, 11,5 euros en tren, 7,6 euros en autobús), un itinerario no que de novo o tren é a alternativa máis rápida.
O tren demostra ser a opción máis vantaxosa en todos os lugares entre os que hai boas conexións, é dicir, ente A Coruña, Santiago, Pontevedra e Vigo (Ferrol fica fóra deste eixo) e mais entre Santiago e Ourense
O tren demostra ser a opción máis vantaxosa en todos os lugares entre os que hai boas conexións, é dicir, ente A Coruña, Santiago, Pontevedra e Vigo (Ferrol fica fóra deste eixo) e mais entre Santiago e Ourense. Nos restantes traxectos o tren non é unha opción, pero si o é o autobús fronte ao coche, con tempos de viaxe só lixeiramente máis altos, pero prezos moito menores. É o caso da comunicación entre A Coruña e Ferrol, sete euros máis barata en autubús que no vehículo privado.
De igual xeito, vemos como entre A Coruña e Lugo, o traxecto en coche (case sen peaxes) ten un custo cinco euros superior que en autobús. E o mesmo sucede entre Vigo e Ourense (con autovía sen peaxe), onde é case catro euros máis barato desprazarse en autobús.
Falamos, por suposto, de prezos medios e escollendo en todo momento as opcións máis rápidas e, polo tanto máis caras, tanto no caso dos coches privados (traxectos aproveitando as vías de peaxe), coma do tren e do autobús (optando polas viaxes máis directas e veloces). Os prezos totais escollendo as estradas sen peaxe, os trens rexionais ou os autobuses non directos serían menores, pero tamén serían maiores os tempos de viaxe.