Durante catro venres de novembro, mulleres participantes no programa Calí da Fundación Secretariado Gitano Vigo e o alumnado do ciclo superior de Integración Social do Colexio San José de la Guía uníronse nunha serie de xuntanzas nas que adiqueraron de diversos temas: historia, adolescencias, feminismo e moito mais
En caló (lingua falada polo pobo xitano) adiquerar significa falar. Durante catro venres de novembro, mulleres participantes no programa Calí da Fundación Secretariado Gitano Vigo e o alumnado do ciclo superior de Integración Social do Colexio San José de la Guía uníronse nunha serie de xuntanzas nas que adiqueraron de diversos temas: historia, adolescencias, feminismo e moito mais.
Cada sesión do proxecto Adiquerando de converteuse nun espazo "para compartir experiencias, reflexionar e construír pontes entre realidades distintas" en encontros "cheos de emocións e aprendizaxes", para todas e todos os participantes. No vídeo, gravado e editado por Martín Fernández, participan: Lidia, Sarai, Ana, Lucre, Alba, Mich e Zaida.
"Pensabamos que iamos ser moi diferentes, pero a verdade é que temos moitas cousas en común", destacou unha das participantes. "Foi moi revelador" ou "caeron moitos prexuízos", subliñaron outras
Nunha das sesións, por exemplo, falouse do impacto da adolescencia na súa identidade, os cambios no corpo, a sexualidade... Noutra, o encontro centrouse no Franquismo, no Nazismo e na intolerancia.
Noutra, a conversa xirou ao redor do feminismo e das referentes das mozas xitanas; neste encontro levouse a cabo unha actividade para reflexionar en movemento sobre as violencias que sofren as mulleres por mor do patriarcado. Despois viron varios vídeos de mulleres xitanas e continuron as conversas en pequenos grupos.
O proxecto deu como resultado, ademais, un podcast que en 8 episodios recolle e dá voz ao vivido durante estas "festivas e inspiradoras" xornadas
"Pensabamos que iamos ser moi diferentes, pero a verdade é que temos moitas cousas en común", destacou unha das participantes. "Foi moi revelador" ou "caeron moitos prexuízos", subliñaron outras.
Podcast
O proxecto deu como resultado, ademais, un podcast que en 8 episodios recolle e dá voz ao vivido durante estas "festivas e inspiradoras" xornadas. Podes escoitar aquí estes oito capítulos, emitidos en Radio Ático.
🎧#AdiquerandoDe 1x8
🎧#AdiquerandoDe 2x8
🎧#AdiquerandoDe 3x8
🎧#AdiquerandoDe 4x8
🎧#AdiquerandoDe 5x8
🎧#AdiquerandoDe 6x8
🎧#AdiquerandoDe 7x8
🎧#AdiquerandoDe 8x8