Aena traballa para reabrir Peinador “a partir do luns” tras estar inactivo desde o venres por unha fochanca na pista

Imaxe da fochanca que mantén pechado o aeroporto de Peinador © Aena

Varias ducias de voos están a verse afectados, con cancelacións e desvíos a Santiago

Aena, ente xestor dos aeroportos, traballa co obxectivo de que “a partir do luns” se poidan retomar os voos na terminal de Peinador, en Vigo, inactiva desde o venres por unha fochanca na pista de aterraxe. Así o avanzou este sábado a Delegación do Goberno de España en Galicia, mentres que a propia Aena agradeceu á empresa que executará a reperación que puxese en marcha as súas plantas de asfalto en plenas festas de fin de ano para tentar rematar a obra o antes posible.

Estado da pista de aterraxe de Peinador © Aena

O venres constatouse que o problema na pista, xa detectado previamente, fora a máis e decidiuse pechar o aeroporto. Desde ese momento están a verse afectados ducias de voos e milleiros de pasaxeiros, con enlaces cancelados ou desviados a Santiago. 

Aena pide a pasaxeiros e pasaxeiras que contacten coa aeroliña responsable de cada voo para coñecer a súa situación.

A primeira hora da tarde deste domingo día 2 Aena informou de que xa se estaban "ultimando" os traballos de reparación da pista.

Reparación da pista de aterrizaxe de Peinador © Aena

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.