Colectivos en defensa do tren de varios territorios do norte do Estado van levar a cabo unha viaxe reivindicativa entre Ferrol e Bilbao "en defensa dun ferrocarril público, social, ecolóxico, eficiente e sostible no norte peninsular"
O tren do norte é o grande esquecido, en Galicia e no conxunto de España. En territorio galego as conexións entre A Coruña e Lugo, A Coruña e Ferrol e o FEVE entre Ferrol e Ribadeo sofren carencias de investimentos e dun mantemento axeitado, con frecuencias escasas que os fan pouco competitivos. Dende hai anos as plataformas en defensa do tren de proximidade veñen reivindicando unha aposta por este medio de transporte limpo, eficiente e rápido, que nas últimas décadas foi relegado en beneficio de alternativas máis caras e contaminantes.
As críticas e denuncias que se levan a cabo en Galicia teñen tamén a súa tradución en Asturias, Cantabria e Euskadi, que reclaman melloras no tren que une todo o norte do Estado. Esta semana colectivos en defensa do tren de varios territorios do norte do Estado van levar a cabo unha viaxe reivindicativa entre Ferrol e Bilbao "en defensa dun ferrocarril público, social, ecolóxico, eficiente e sostible no norte peninsular".
A viaxe comeza este xoves 26 en Bilbao ás 19:34, chegando unhas horas despois a Astillero (Cantabria). A segunda etapa une Cantabria e Asturias, chegando a Llanes na tarde do venres 27 despois de pasar por Santander. A terceira tirada percorre Asturias, atravesando Oviedo, Xixón, Avilés e chegando a Vegadeo o sábado 28 pola tarde.
O domingo 29 terá lugar a etapa galega, que unirá Ribadeo e Ferrol e na que tamén participa, dende A Coruña, a Plataforma en Defensa do Tren A Coruña e As Mariñas.
Finalmente, o domingo 29 terá lugar a etapa galega, que unirá Ribadeo e Ferrol. A saída de Vegadeo está prevista para as 11.20 horas, chegando a Ribadeo ás 11.34. Despois dun acto reivindicativo e dun xantar, a viaxe reivindicativa partirá da vila ás 15 horas, chegando a Ferrol ás 18.10 horas. Na cidade naval levarase a cabo unha concentración na Praza de España. Na mobilización participa a Plataforma pola Defensa do Ferrocarril Ferrol-Ribadeo e mais a Plataforma en Defensa do Tren A Coruña e As Mariñas, que se desprazará a Ribadeo o domingo pola mañá e que, despois da chegada a Ferrol, continuará a viaxe reivindicativa ata A Coruña o domingo pola tarde.
As entidades reclaman investimentos para o tren entre A Coruña e Ferrol, "o máis lento de toda España", e para a liña Ferrol-Ribadeo
Ambas as dúas plataformas animan á cidadanía a participar nesta viaxe reivindicativa, subliñando que "non podemos perder algo tan importante e básico para as nosas comarcas". "Reivindicar o tren é unha necesidade para a mobilidade sostible e para vertebrar o territorio", sinalan. "É responsabilidade de todos que continúe a prestar servizo, e o faga dunha maneira eficaz e eficiente, moi lonxe do que agora sucede", destacou a en rolda de prensa a Plataforma en Defensa do Tren A Coruña e As Mariñas.
"Reivindicar o tren é unha necesidade para a mobilidade sostible e para vertebrar o territorio", sinalan
As entidades reclaman investimentos para o tren entre A Coruña e Ferrol, "o máis lento de toda España", e para a liña Ferrol-Ribadeo. Entre elas, a electrificación da liña e a inclusión do Corredor Transcantábrico na Rede Transeuropea, tanto para o transporte de persoas como de mercadorías. Tamén se reclama a mellora do mantemento dos distintos materiais, "para ter un ferrocarril do século XXI" e evitar as constantes avarías que se producen sobre todo na liña entre Ferrol e Ribadeo. Así mesmo, o incremento das frecuencia e o axuste dos horarios para axustarse ás demandas e necesidades de usuarios e usuarias.
Só o 4% do transporte de mercadorías se realiza en tren, fronte ao 18% de media na UE
En rolda de prensa o voceiro da Plataforma en Defensa do Tren A Coruña-As Mariñas advertiu de que "a redución de servizos que houbo como consecuencia da pandemia vai provocar seguramente o peche de estacións, apeadeiros e liñas". É por iso que reclama a implicación da cidadanía e tamén das distintas administracións, comenzando polo concellos polos que pasa o tren, as deputacións e a Xunta de Galicia. O Goberno galego,
Os dous colectivos comparan os investimentos millonarios realizados nas liñas de alta velocidade e os recortes e o abandono de moitas das liñas convencionais e no tren de proximidade, do que Galicia carece
Os dous colectivos comparan os investimentos millonarios realizados nas liñas de alta velocidade e os recortes efectuados nos últimos anos e o abandono de moitas das liñas convencionais e no tren de proximidade, do que Galicia carece. A Alta Velocidade é utilizada por un 4% dos usuarios e usuarias, fronte a un 96% que emprega o ferrocarril convencional e de proximidade. Tamén propón que se aposte polo tren para o tráfico de mercadorías, pois só o 4% do transporte se realiza en España a través do ferrocarril, fronte a unha media europea que se sitúa no 18%.