Un dos factores que explican a lenta implantación dos eléctricos en Galicia é a debilidade da rede de puntos de recarga nas rúas e estradas. A cifra leva anos en ascenso (os tres últimos anos medrou o 52%, o 59% e o 56%) e chega xa a 1.710. Con todo, trátase dunha cantidade claramente insuficiente
O coche eléctrico está aínda moi lonxe de impoñerse en Galicia e no resto do Estado. As cifras de venda tenden a mellorar, o mesmo que a rede de puntos de recarga, pero os vehículos de cero emisións avanzan moi lentamente. Dende logo moito máis lentamente que en países como Noruega, onde prácticamente o 100% dos coches que se venden son eléctricos, pero tamén moito máis lentamente que en Portugal, onde o pasado ano o 33% dos coches que se venderon foron electricos ou híbridos enchufables. En España a porcentaxe foi unicamente do 11,1%, por debaixo da media da UE (20,4%) e de países coma o Reino Unido (27,2%) ou Francia (24,9%). Iso si, en 2024 por primeira vez se venderon no Estado máis turismos híbridos que de combustión.
O obxectivo da UE é que todos os coches que se vendan a partir de 2035 sexan eléctricos, prohibindo a venda de novos vehículos de combustión a partir dese ano. O obxectivo, a unha década da data límite, semella moi afastado.
Un dos factores que explican a lenta implantación dos eléctricos en Galicia é a debilidade da rede de puntos de recarga nas rúas e estradas. A cifra leva anos en ascenso (os tres últimos anos medrou o 52%, o 59% e o 56%) e chega xa a 1.710. Con todo, trátase dunha cantidade claramente insuficiente, e máis se temos en conta que na súa maioría ofrecen potencias de carga reducidas, o que ralentiza moito o proceso.
A rede presenta un ritmo de crecemento elevado, superior á que se rexistra no resto do Estado. No ano 2020 os puntos de recarga galegos supuñan o 3% do total e a finais de 2024 son xa o 4,41%. O pasado ano o número de puntos de carga de potencia elevada duplicouse (de 261 a 543)
En todo caso, a rede presenta un ritmo de crecemento elevado, superior á que se rexistra no resto do Estado. No ano 2020 os puntos de recarga galegos supuñan o 3% do total, no ano 2023 eran o 3,73% e a finais de 2024 son xa o 4,41%.
A rede de puntos de recarga medra nas zonas urbanas (nun ano pasou de 417 a 708) e nas estradas interurbanas (de 678 a 1.002). Aumentan tamén os puntos de recarga cunha potencia superior a 150 mW, que permiten cargar por completo un vehículo en menos de 27 minutos (de 92 a 113) e sobre todo os puntos entre 50 e 150 mW (que cargan por completo un coche entre 27 e 80 minutos), que pasan de 261 a 543, máis do dobre nun ano.
Hai tres anos a Asociación Española de Fabricantes de Automóbiles e Camións (ANFAC) e a patronal dos concesionarios (Faconauto) presentaron unha proposta de despregamento de puntos de recarga de acceso público para vehículos electrificados que inclúe a instalación ata o ano 2030 de 16.426 puntos en Galicia. Un obxectivo, de novo, que fica moi lonxe.
No último ano tamén continuou a aumentar en Galicia a venda de vehículos electrificados (vehículos totalmente eléctricos e híbridos enchufables), que pasaron de 3.179 a 3.548, unha suba do 11%, fronte ao descenso (-0,4%) que se produciu no conxunto do Estado español.
Todos os indicadores do proceso de electrificación dos vehículos motorizados avanzan rapidamente en Galicia, polo tanto, pero aínda é moi grande o atraso acumulado con outros territorios do Estado e de Europa. No ano 2024 o número de puntos de recarga aumentou un 56%, especialmente os situados no interior dos núcleos de poboación (+70%). Medra tamén de forma moi importante o número de puntos de carga por riba dos 50 mW de potencia (+108%).
No último ano tamén continuou a aumentar en Galicia a venda de vehículos electrificados (suma de vehículos totalmente eléctricos e de híbridos enchufables), que pasaron de 3.179 a 3.548, unha suba do 11%, fronte ao descenso (-0,4%) que se produciu no conxunto do Estado español.
Con todo, no Barómetro da electromobilidade que publica ANFAC, Galicia aparece con 8,3 puntos na posición 13 das 17 comunidades autónomas, é dicir, o quinto territorio con peor puntuación
Hai uns días a Asociación Española de Fabricantes de Automóbiles e Camiónes (Anfac) presentou a última entrega do seu Barómetro da electromobilidade, correspondente ao derradeiro trimestre do ano 2024, que mide o nivel de penetración dos vehículos electrificados e eléctricos puros e o nivel de desenvolvemento das infraestruturas de recarga.
Neste barómetro publícase un un indicador sobre o avance da infraestrutura de recarga en cada territorio. Este índice, en base 100, sitúa a media da UE en 19,4 puntos e a media española en 9,6 puntos. Galicia aparece con 8,3 puntos na posición 13 das 17 comunidades autónomas, é dicir, o quinto territorio con peor puntuación, superando unicamente a Madrid, Murcia, Canarias e Andalucía. Países Baixos (86,2 puntos) ou Noruega (71,8 puntos) encabezan a lista, na que o Estado español se sitúa nos últimos lugares, lonxe da media europea, pero tamén dos datos de Portugal (13,2 puntos).
A escasa contía das axudas públicas, as eivas da rede de puntos de recarga ou a gran porcentaxe de persoas que viven en pisos explican en parte a lentitude de implantación do coche eléctrico en España
Iso si, no último ano Galicia mellorou notablemente a súa situación, pois pasou de 4,6 a 8,3 puntos, pasando de ser a 16ª comunidade autónoma na lista a acadar o posto número 13.
As razóns da lenta implantación dos eléctricos no Estado
Son varios os factores que explican a lenta implantación do coche eléctrico en España. Por unha banda, a escasa contía das axudas públicas, inferiores ás ofrecidas por outros países, por exemplo Portugal. Tamén o reducido entusiasmo das grandes marcas tradicionais e das súas redes de concesionarios en promocionar os vehículos eléctricos.
Tamén xoga en contra a campaña negativa que contra os vehículos eléctricos leva a cabo a dereita política e mediática, que converteu a crítica á transición enerxética nun dos seus cabalos de batalla.
Ademais, xoga en contra o escaso desenvolvemento da rede de puntos públicos de recarga, cun número semellante ao existente en Portugal ou Países Baixos, territorios cunha superficie moi inferior. Ademais, estes puntos non sempre teñen unha potencia elevada (que reduce o tempo de recarga) e ademais a rede atópase moi fragmentada entre distintos operadores, o que obriga a contar cun gran número de apps instaladas no móbil, a diferenza do que sucede en Portugal, cunha rede universal.
Hai, ademais, outros elementos estruturais ou políticos que afectan negativamente á implantación do coche eléctrico en España. O estrutural é a maior proporción de persoas que en España viven en edificios comunitarios (en pisos), moi superior á media da UE, o que dificulta a instalación de puntos de carga nos garaxes. O político é a campaña negativa que contra os vehículos eléctricos leva a cabo a dereita política e mediática, que converteu a crítica á transición enerxética nun dos seus cabalos de batalla.