O cantante, veciño da zona, colabora coa plataforma de concienciación ambiental We Sustainability que o domingo realiza unha limpeza do areal de Lourido ou Praia América no que se inspirou a histórica canción
"Desde aquí, desde mi casa / veo la playa vacía / ya lo estaba hace unos días / ahora está llena de lluvia". Así comeza Turnedo, unha das cancións máis coñecidas de Iván Ferreiro, composta nos inicios da súa carreira en solitario e que agora cumpre 20 anos. Un tema inspirado no areal de Lourido, tamén coñecido como Praia América, en Nigrán, de onde é veciño.
Alí organiza este domingo 22 de marzo a plataforma de concienciación ambiental We Sustaibability, vinculada á marca de roupa Vazva, unha recollida colectiva de lixo apadriñada por Ferreiro para "devolver á contorna parte do que nos ofrece".
Evolución de Praia América nun século
-
Dunas de Panxón nunha imaxe de hai un século do arquivo audiovisual do Concello de Nigrán -
Dunas de Panxón nunha imaxe de hai un século do arquivo audiovisual do Concello de Nigrán -
Dunas de Panxón nunha imaxe de hai un século do arquivo audiovisual do Concello de Nigrán -
Praia América en 1965, coas dunas de Panxón aínda visibles ao fondo -
Praia América en 1970, coas dunas de Panxón xa desaparecidas e substituídas por unha gran explanada na que se irían levantando chalés -
Zona central de Praia América en 2008, onde tres anos antes comezara o lento proceso de substitución de aparcamentos por zonas delimitadas para que a area recuperase o seu espzo -
Zona sur de Praia América en 2008, na que se centrarán os novos traballos de recuperación -
Estudantes do IES Val Miñor participantes no proxecto de recuperación de Praia América
Os organizadores salientan que esta será a limpeza de praias número 459 que celebran, neste caso co apoio do cantante e veciño Iván Ferreiro. Para el o areal de Lourido ou Praia América "é a praia da miña vida, teño miles de recordos aquí que me acompañan desde que era moi pequeno ata hoxe". "Nas praias xogamos durante a infancia, paseamos, enamorámonos ou descubrimos o valor da amizade. Son de todos e é tamén responsabilidade de todos coidalas", di Ferreiro.
O punto de encontro para esta limpeza colectiva será na zona do campo de fútbol de Lourido, no extremo sur da praia, ás 11 horas e as persoas interesadas poden inscribirse para participar na web wesustainability.com/calendario.
Os organizadores recomendan levar roupa cómoda e guantes reutilizables quen os teña para evitar producir novos residuos mentres que alí se facilitarán a quen non os teña así como bolsas para o lixo.