Melide únese a Monforte e Ordes no nivel máximo de restricións, con 21 concellos en nivel alto

Casa do Concello de Melide © Concello de Melide

Dende este sábado (na medianoite do venres ao sábado), o Concello de Melide pasará a estar situado no nivel máximo de restricións, uníndose así a Monforte e Ordes, que levan xa varios días nesta situación. O empeoramento da situación epidemiolóxica nestas tres localidades, por mor dos respectivos gromos aparecidos na última semana obrigou á Xunta a adoptar esta decisión.

En Melide, Ordes e Monforte, o interior da hostalaría estará pechado, o mesmo que o do ocio nocturno

Así, en Melide, Ordes e Monforte, o interior da hostalaría estará pechado, o mesmo que o do ocio nocturno. As terrazas en bares e restaurantes poderán ter unha ocupación máxima do 50% e nos pubs e discotecas do 75%.

Entre as restantes novidades, destaca o paso do nivel medio ao nivel baixo das cidades de Santiago, Vigo e Pontevedra. Mentres, A Coruña, Ferrol, Lugo e Ourense permanecen no nivel medio.

Outros 21 concellos estarán no nivel alto de restricións, co interior da hostalaría ao 30% e terrazas ao 75%. Trátase de Agolada, Arzúa, Lalín, O Pino, Trazo, Curtis, Cee, Cerceda, Muxía, Antas de Ulla, Monterroso, Palas de Rei, Vilalba, A Pastoriza, Castro de Rei, Meira, O Saviñao, A Pobra de Trives, Viana do Bolo, Ares e A Cañiza.

Entre as restantes novidades, destaca o paso do nivel medio ao nivel baixo das cidades de Santiago, Vigo e Pontevedra. Mentres, A Coruña, Ferrol, Lugo e Ourense permanecen no nivel medio

Mentres, no nivel medio situaranse A Coruña, Arteixo, Cabana de Bergantiños, Carballo, Corcubión, Malpica de Bergantiños, Oleiros, Oza-Cesuras, Ponteceso, Zas, Aranga, Betanzos, Camariñas, Fisterra, Santa Comba, Silleda, Boimorto, Frades, Muros, Noia, Santiso, Tordoia, Ferrol, Chantada, Lugo, Outeiro de Rei, Baralla, Cospeito, Taboada, A Rúa, Ourense, O Barco de Valdeorras, Verín, Bueu, Poio, Sanxenxo, Gondomar, Pazos de Borbén, Ponteareas, Redondela e Nigrán.

O resto de Galicia estará no nivel baixo de restricións, co interior da hostalaría ao 75% e do ocio nocturno ao 50%, coas terrazas ao 100% en ambos os dous casos

Despece

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.