O Goberno galego presentou este mércores o novo Calendario Vacinal, que se comezará a aplicar a semana que vén unha vez que sexa aprobado polo Consello da Xunta deste xoves. Este Calendario Vacinal ao longo da vida, que unifica os calendarios infantil e de adultos, presenta importantes novidades, pois incorpora vacinas que ata agora non estaban incluídas na distribución universal e de balde que realiza o sistema público.
A vacina contra o virus do papiloma humano ata agora só se administraba ás nenas aos 12 anos e a partir de agora tamén se dará aos nenos desa idade
Entre elas está a vacina contra o virus do papiloma humano, que ata agora só recibían as nenas aos 12 anos e que a partir de agora tamén será administrada aos nenos desa idade. De igual xeito, pasa a estar no calendario a vacina contra a meninxite B con dúas doses aos 2 e 4 meses, máis unha terceira de recordo ao alcanzar os 12 meses. Esta vacina era ata agora habitualmente pagada polas familias que podían facer fronte ao seu custo, cun prezo de ao redor de cen euros por dose.
Tamén pasa a estar no calendario a vacina contra a meninxite B con dúas doses aos 2 e 4 meses, máis unha terceira de recordo ao alcanzar os 12 meses. Esta vacina era ata agora habitualmente pagada polas familias
Finalmente, tamén se incorpora ao calendario de vacinación infantil a vacina contra a gripe, que os e as pediatras recomendan administrar dende os seis meses de idade e ata os 5 anos (59 meses). Outro dos cambios afecta á vacina contra a meninxite C, que é substituída por outra tetravalente, mantendo a súa administración ás crianzas de 12 meses.
A vacina contra o virus do papiloma humano comezará a aplicarse aos nenos a partir do 15 de setembro. A vacina contra a meninxite B chegará ao calendario a partir de outubro e tamén durante o mes de outubro comezará a programarse a vacinación infantil contra a gripe.
Tamén se incorpora ao calendario de vacinación infantil a vacina contra a gripe, que os e as pediatras recomendan administrar dende os seis meses de idade e ata os 5 anos
O orzamento do programa galego de vacinación aumenta no ano 2023 en 4,6 millóns de euros, debido á incorporación destas novas vacinas, situándose nos 23 millóns de euros. Na presentación deste mércores o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, salientou a importancia da prevención na política sanitaria, destacando que Galicia se sitúa "á cabeza" neste eido "grazas á vacinación incluída no novo Calendario, aos cribados en adultos –como o de cancro de mama, colon e a extensión prevista na lexislatura do cribado de cancro de cérvix— e os cribados neonatais.