Os contaxios de coronavirus seguen a medrar en Pontevedra e Salnés no día con máis probas PCR dende o inicio da pandemia

©

Galicia rexistrou 248 novos casos de coronavirus nas últimas 24 horas, segundo os datos comunicados pola Consellaría de Sanidade. A cifra mantén a tendencia estable dos últimos nove días, nos que se moveu entre os 200 e os 300 novos diagnósticos diarios. A media na última semana sitúase nos 230 casos, lixeiramente por debaixo dos datos que se rexistraban nos últimos días de agosto e primeiros de setembro.

A media na última semana sitúase nos 230 casos, lixeiramente por debaixo dos datos que se rexistraban nos últimos días de agosto

No último día faleceron catro persoas máis con diagnóstico de coronavirus, elevando a 705 a cifra total dende o inicio da pandemia. As dúas últimas persoas falecidas en centros hospitalarios foron un varón de 89 anos que estaba ingresada no Hospital Lucus Augusti e un home de 86 anos que estaba ingresado no CHUAC.

No último día faleceron 4 persoas máis con diagnóstico de coronavirus, elevando a 705 a cifra total dende o inicio da pandemia

A incidencia da enfermidade en Galicia, segundo os datos do Ministerio de Sanidade, sitúase nos 117,87 casos diagnosticados nos últimos 14 días por cada 100.000 habitantes. Esta cifra está moi por debaixo da media do Estado (259,76 casos) e moi lonxe dos indicadores que se rexistran en comunidades como Madrid (659,41), Navarra (543,40) ou A Rioxa (409,72), os territorios con peores datos.

A taxa de positividade en Galicia sitúase no 6,7%, moi por debaixo da media española (12,4%)

Este xoves foi, ademais, o día no que se realizaron máis probas PCR en Galicia dende o inicio da pandemia. Foron un total de 5.894, superando as 5.368 que se levaran a cabo o pasado o mércores da semana pasada. O número de tests realizados diariamente vén incrementándose nas últimas semanas, situándose a media semana nas 4.525 probas.

A taxa de positividade en Galicia sitúase no 6,7%, moi por debaixo da media española (12,4%) e superando unicamente os datos de Asturias, Euskadi e Canarias. En Madrid, no outro extremos, case unha de catro PCR son positivas (22,9%), un indicador que se achega ao que se rexistraba no mes de abril.

O número de casos activos en Galicia sitúase este venres nos 4.317, lixeiramente por riba do dato deste xoves (4.306). Nas últimas dúas semanas este indicador mantense moi estable, movéndose entre os 4.100 e os 4.400 casos. 233 novas 'curacións' elevan o número total de 'altas' dende o inicio da pandemia a 16.297

O número de persoas infectadas que se atopan hospitalizadas experimenta un leve ascenso este venres, pasando de 229 a 241

Dos 4.317 casos activos a maior parte permanecen en corentena nos seus domicilios, con síntomas leves. O número de persoas infectadas que se atopan hospitalizadas experimenta un leve ascenso este venres, pasando de 229 a 241. Delas, 32 están na UCI (eran 28 onte) e 209 noutras unidades de hospitalización (eran 201). 

Como se observa no gráfico, o nivel de ocupación dos hospitais galego por mor da Covid-19 é moi diferente polo momento da que se chegou a dar en marzo e abril. Segundo os datos do Ministerio de Sanidade, ao redor do 3% das camas hospitalarias de Galicia están ocupadas por persoas cunha proba positiva en coronavirus. A media española sitúase no 8,6% e en Madrid o dato chega ao 21%

Nos centros de atención á discapacidade as cifras aumentan debido sobre todo aos positivos rexistrados entre 10 usuarios e 1 traballador da residencia de Aspronaga (Oleiros)

Este venres o número de casos activos nas residencias de maiores experimenta un leve descenso, pasando de 229 a 226 usuarios e manténdose nos 88 no que atinxe ao persoal. En cambio, nos centros de atención á discapacidade as cifras aumentan debido sobre todo aos positivos rexistrados entre 10 usuarios e 1 traballador da residencia de atención a persoas con discapacidade Ricardo Baró de Aspronaga (Oleiros). O número total de infeccións nestes centros pasa a ser de 51, fronte ás 40 do xoves. 

A Residencia DomusVi de Outeiro de Rei (161 casos), a Residencia do Incio (93 casos), a Residencia Orpea Coruña de Culleredo (27 casos) e a Residencia Ricardo Baró de Aspronaga de Oleiros (47 casos) son os centros que suman un maior número de casos.

No que atinxe ás áreas sanitarias, dos 4.317 casos activos 1.237 son da área da Coruña (1 máis ca onte), 745 da de Lugo (27 menos), 511 da de Ourense (8 máis), 611 da de Pontevedra (27 máis), 406 da área de Vigo (12 máis), 631 da de Santiago (4 menos), e 176 da de Ferrol (6 menos).

A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés segue a experimentar un crecemento sostido no seu número de casos. Son 27 máis este venres, cunha cifra total que aumentou en case 200 na última semana, duplicándose nos últimos 13 días. 

A área de Lugo é a que experimenta un maior descenso, produto do aumento de 'altas' procedentes dos casos rexistrados no comezo de setembro. En cambio, a área sanitaria de Pontevedra e O Salnés segue a experimentar un crecemento sostido no seu número de casos. Son 27 máis este venres, cunha cifra total que aumentou en case 200 na última semana, duplicándose nos últimos 13 días. Vigo e Ourense aumentan tamén este venres, mentres que Santiago e Ferrol teñen unha tendencia á baixa, coa Coruña manténdose estable.

Lugo e A Coruña seguen a ser as dúas áreas que presentan unha incidencia maior (234 e 225 casos por cada 100.000 habitantes nas últimas dúas semanas). Porén, a área de Pontevedra aproxímase rapidamente a eses indicadores, chegando xa a 209 casos. Ourense (167 casos) é a outra área que se sitúa por riba da media galega (162). Pola contra, Santiago (141) e sobre todo Ferrol (99) e Vigo (71) presentan datos moito máis favorables.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.