Pingando, Exército Mekemeke e Recuncho Gamer optan a ser 'Youtubeira' do ano

Youtubeiras 2023 ©

As 18 propostas finalistas foron escollidas polo xurado de entre as 68 canles que se inscribiron para concorrer á edición de 2023 dos Premios Youtubeiras, cuxo lema desta edición é Rede aberta, Rede diversa!

Youtubeiras xa ten finalistas para os seus galardóns de 2023. As finalistas ao premio canle son OU ké!, Cinema Caníbal e Toxío, mentres que ao galardón ao youtubeira do ano aspiran Pingando, Exército Mekemeke e Recuncho Gamer

Ao galardón Revelación aspiran O Faiado Podcast, Savia Nova e Luis do Río Pena. Os finalistas na categoría de vídeo son Derrubando Xigantes, de Toxío; Londres, de Malva; e SEG, de Prado Rúa. No trío de finalistas en Calidade Lingüística atópanse Prado Rúa, Olaxonmario e Casa Gallinitas e a terna no caso do galardón Pioneiro está formada por Recuncho Gamer, Lilium e Fica coa bola. Ao premio Rede optan OU ké!, Alma da Vella Chousa e YouTube en galego. Por último, o Premio do Público decidirase entre as tres propostas máis votadas na comunidade dixital: Noticias Dispersas, Fica coa bola e Savia Nova. 

Os gañadores e gañadoras coñeceranse na tradicional gala de entrega, que se celebrará o vindeiro 17 de febreiro no Teatro Principal de Compostela

Un total de 18 finalistas aspiran a gañar algunha das oito categorías. Seis finalistas aspiran a levar dous galardóns neste 2023: OU ké! (finalista en premio Canle e en premio Rede), Toxío (Canle e Vídeo), Recuncho Gamer (Youtubeira e Pioneiro), Fica coa bola (Pioneiro e Premio do Público), Prado Rúa (Calidade Lingüística e Vídeo) e Savia Nova (Revelación e Premio do Público). A proposta gañadora en cada categoría recibirá 1.000 euros, agás no caso do galardón decidido polo público, cuxa dotación económica é de 500 euros. En total, os Premios Youtubeiras repartirán 7.500 euros. 

As finalistas ao premio canle son OU ké!, Cinema Caníbal e Toxío

As 18 propostas finalistas foron escollidas polo xurado de entre as 68 canles que se inscribiron para concorrer á edición de 2023 dos Premios Youtubeiras, cuxo lema desta edición é Rede aberta, Rede diversa! A esta cifra cómpre sumarlle os 24 vídeos propostos pola audiencia dixital para disputarse o Premio do Público. Os vídeos no seu conxunto, publicados entre novembro de 2022 e novembro de 2023 nas diferentes canles, superan os 32.480 novos minutos en galego subidos ao YouTube. 

Seis finalistas aspiran a levar dous galardóns neste 2023: OU ké!, Toxío, Recuncho Gamer, Fica coa bola, Prado Rúa e Savia Nova 

O palmarés dos Premios Youtubeiras darase a coñecer na xa tradicional gala de entrega, que se celebrará o vindeiro 17 de febreiro no Teatro Principal de Santiago de Compostela. A condución da gala, que en edicións anteriores recaeu en nomes destacados da música e da escena como son Tanxugueiras, A Panadaría, Iria Pinheiro ou Patricia de Lorenzo, darase a coñecer proximamente e a entrada será gratuíta, tras a retirada de convites. 

O proxecto busca fomentar a creación en galego na rede e promover e visibilizar os diferentes perfís de persoas xeradoras de contidos

Youtubeiras é unha iniciativa organizada polos servizos de Normalización Lingüística de Ames, Carballo, O Grove, Moaña, Pontevedra, Ribadeo, Rois, Santiago de Compostela e Teo, da Deputación da Coruña e da Universidade de Vigo, da Universidade de Santiago e da Universidade da Coruña. O proxecto busca fomentar a creación en galego no YouTube con temáticas e formatos diversos, así como de promover e visibilizar os diferentes perfís de persoas xeradoras de contidos na Rede.

Finalistas por categoría:

Premio Canle


Premio Youtubeira

 

Premio Youtubeira Revelación

 

Premio Vídeo

Premio Calidade Lingüística

 

Premio Pioneiro 

Premio Rede

 

Premio do Público

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.