Culturminho: un foro online que amosa as experiencias culturais compartidas entre Galicia e Portugal

Cartaz de Culturminho © Culturminho

Do 6 ao 9 de outubro celébrase Culturminho, I Foro da Cultura do Río Miño Transfronteirizo, un encontro dixital de inscrición gratuíta, organizado pola Deputación de Pontevedra, que busca ser un lugar de debate entre axentes profesionais e o público interesado na produción cultural neste territorio. "O río Miño é xa un espazo singular de creatividade e de xeración de iniciativas culturais innovadoras, compartidas entre ambas as marxes, como parte do desenvolvemento local transfronteirizo", destácase.

"O río Miño é un espazo singular de creatividade e de xeración de iniciativas culturais innovadoras, compartidas entre ambas as marxes, como parte do desenvolvemento local transfronteirizo", destácase

O obxectivo é "reunir dixitalmente a institucións, axentes e operadores/as culturais e reflexionar sobre as potencialidades da cultura común como elemento de valor do territorio transfronteirizo". Falarase de sinerxías e necesidades, de posibilidades de colaboración, da creación dun espazo de intervención común, dos públicos compartidos, "facendo especial fincapé na nova situación social que condicionará o ocio e o consumo cultural e tratando de visualizar alternativas".

O Foro componse de catro mesas temáticas, que se celebran cada día de 17h a 18.30h e que se poden seguir a través da canle AECT Rio Minho de YouTube

O Foro componse de catro mesas temáticas, que se celebran cada día de 17h a 18.30h e que se poden seguir a través da canle AECT Rio Minho de YouTube

Este martes 6 de outubro tivo lugar o acto inaugural do encontro, que incluíu unha breve presentación por parte de Carmela Silva, Presidenta da Deputación de Pontevedra, Uxío Benítez,  Deputado de Mobilidade Alternativa e Espazos Públicos e Cooperación Transfronteiriza e AECT Río Miño e Xosé Aldea, Director de Ouvirmos, empresa encargada da realización do evento. 

E, ademais, celebrouse a primeira mes temática, centrada nas Artes e música no Río Miño, e na que participaron cinco propostas culturais seleccionadas entre as actividades culturais profesionais realizadas nos 26 concellos que integran a área transfronteiriza do Río Miño: Fundaçao Bienal de Arte de Cerveira, Festival de Cans, Festival Folk Celta, Entre Margens. Caminha – A Guarda e Festival de Vilar de Mouros – Caminha.

Este mércores 7 de outubro desenvolverase a segunda sesión, que analizará varias experiencias de Cooperación e cultura no Baixo Miño

Este mércores 7 de outubro desenvolverase a segunda sesión, que analizará varias experiencias de Cooperación e cultura no Baixo Miño, casos reais de xestión cultural profesional onde xa se dá na práctica unha cooperación cultural transfronteiriza. Na mesa, diferentes xestores e xestoras de cada beira do Miño falarán dos procesos de cooperación transfronteiriza realizados ata o momento e de como ven os posibles cambios que deparará a situación vixente. Participarán representantes da Casa das Artes-Sons do Vez (Arcos de Valdevez), Simposio de Escultura (Cerveira-Tomiño), Folk Monção (Monção), Festival IKFEM da Eurocidade Tui-Valença e Ponte nas Ondas.

Cartaz de Culturminho © Culturminho

O xoves e venres terán lugar as dúas últimas mesas de debate, baixo o título de Palabra e escena no Río Miño e Financiación e formación

O xoves e venres terán lugar as dúas últimas mesas de debate, baixo o título de Palabra e escena no Río Miño e Financiación e formación. Na sesión de Palabra e escena no Río Miño participarán representantes de catro iniciativas culturais de ambas a dúas beiras do río: Museo do Cinema Melgaço Jean Loup Passek, As Comedias do Minho (compañía de teatro de Paredes de Coura e Resende), Play-Doc (Tui) e Festival de Poesía do Condado (Salvaterra de Miño).

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.