Os Premios Mestre Mateo do audiovisual galego chegan este ano á súa vixésima edición
Os Premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual, que chegan este ano á súa vixésima edición, anunciaron este xoves os seus finalistas, unha selección que está encabezada polo filme Cuñados, que suma 16 candidaturas, por diante das longametraxes Jacinto e Malencolía, con 11, e da serie Hierro, con 8. Os galardóns entregaranse o vindeiro 19 de marzo na Coruña, nunha gala que se celebrará no recinto de Expocoruña.
O showroom de Cafés Candelas en Lugo acolleu a presentación dos nomes dos proxectos e profesionais finalistas, nun encontro no que participaron Alba Mancebo, Esther Estévez, Beatriz Serén, Luis Iglesia e María Costas.
Os galardóns entregaranse o vindeiro 19 de marzo na Coruña
Cuñados, Jacinto, Malencolía e Tres son finalistas á Mellor longametraxe, mentres que A poeta analfabeta, A virxe roxa, O gran camiño e Welcome to ma maison sono na categoría de Mellor documental. As finalistas a Mellor serie son Hierro, A lei de Santos, Auga Seca e Método Criminal e a Mellor serie web Cacola, Delicias Amargas, Mataría Microserie e Xela Arias. A palabra esgazada.
Os directores dos traballos máis votados -Toño López (Cuñados), Alfonso Zarauza (Malencolía), Javi Camino (Jacinto) e Jorge Coira (Hierro), competirán polo premio á Mellor dirección
Os directores dos traballos máis votados -Toño López (Cuñados), Alfonso Zarauza (Malencolía), Javi Camino (Jacinto) e Jorge Coira (Hierro), competirán polo premio á Mellor dirección.
Mentres, nas categorías interpretativas destaca a competición entre Cuñados e Malencolía. Cuñados suma 6 finalistas nestes apartados, cos tres protagonistas do filme, Federico Pérez, Miguel de Lira e Xosé A. Touriñán competindo polo trofeo a Mellor interpretación masculina protagonista, xunto con Pedro Brandariz, por Jacinto.
Pola súa banda, Malencolía acada 5 candidaturas finalistas para os seus intérpretes, destacando as actrices de reparto Iolanda Muíños e Ledicia Sola e a protagonista Melania Cruz, así como o traballo de Diego Anido e Ricardo de Barreiro, na categoría de Mellor interpretación masculina de reparto.
A poeta analfabeta, A virxe roxa, O gran camiño e Welcome to ma maison son finalistas na categoría de Mellor documental
Nas categorías de televisión optan a premios Cinephilia, Clac, Cos pés na terra e Dígocho Eu e no apartado de mellor comunicador ou comunicadora son finalistas Esther Estévez, Paco Lodeiro, Rodrigo Vázquez e Simone Saibene.
Mentres, na categoría de mellor videoclip son finalistas Figa de Tanxugueiras, El volcán de Pablo Lesuit, Fukushima de Triángulo de amor bizarro e Voucho contar así de Grupo Antilia. No apartado de mellor curtametraxe optan a premio A comuñón da miña prima Andrea, Augas Abisais, Aura e Fracturas.