FICBUEU: dúas semanas de experimentación, descuberta e reflexión ao redor da curtametraxe

Edición 2025 do FICBUEU © FICBUEU

A XIX edición do Festival Internacional de Cinema de Bueu (FICBUEU) converte a localidade pontevedresa entre o 4 e o 19 de setembro nun punto de encontro arredor da curtametraxe

A XIX edición do Festival Internacional de Cinema de Bueu (FICBUEU) converte a localidade pontevedresa entre o 4 e o 19 de setembro nun punto de encontro arredor da curtametraxe. Durante máis de dúas semanas, a vila acolle cinema chegado de diferentes puntos do mundo, creación galega, obras fundamentais da historia do cinema, encontros arredor do pensamento cinematográfico, música e iniciativas sociais e formativas.

A nova edición mantén así unha das principais características do FICBUEU: entender a curtametraxe non só como un formato de exhibición, senón como un territorio para a experimentación, a descuberta e a reflexión. A programación combinará as seccións Oficial, Descubertas e GZ_00, as Escolas de Cinema Galegas e Internacionais, unha retrospectiva dedicada á ciencia ficción, as Xornadas Cinematográficas e diferentes propostas paralelas que amplían a actividade do festival máis alá das proxeccións.

Presentación da XIX edición do Festival Internacional de Cinema de Bueu (FICBUEU) © FICBUEU

A programación combinará as seccións Oficial, Descubertas e GZ_00, as Escolas de Cinema Galegas e Internacionais, unha retrospectiva dedicada á ciencia ficción, as Xornadas Cinematográficas e diferentes propostas paralelas que amplían a actividade do festival máis alá das proxeccións

O festival abrirá coa proxección de La Jetée (1962), de Chris Marker, unha das obras máis influentes da ciencia ficción experimental e un filme fundamental para comprender a capacidade da curtametraxe para transformar a linguaxe cinematográfica.

A elección de La Jetée anticipa a Retrospectiva da 19ª edición do festival, dedicada á relación entre a ciencia ficción e a curtametraxe. O programa percorrerá máis dun século de historia para reivindicar o formato curto como laboratorio no que sucesivas xeracións de cineastas experimentaron con novas formas, tecnoloxías e relatos, contribuíndo á propia evolución do xénero.

Sección Oficial

O festival abrirá coa proxección de La Jetée (1962), de Chris Marker, unha das obras máis influentes da ciencia ficción experimental e un filme fundamental para comprender a capacidade da curtametraxe para transformar a linguaxe cinematográfica

As seccións Oficial e Descubertas reunirán 32 curtametraxes, cunha selección que conecta cinematografías de Europa, Asia, América e Oceanía e ofrece unha panorámica das diferentes formas que adopta hoxe o cinema en formato curto.

A Sección Descubertas abrirá a competición o domingo 6 de setembro con catro propostas especialmente vinculadas á experimentación formal e narrativa: Opera, de Igor Zelić; Merrimundi, de Niles Atallah; Tamashi, de Ashima Shiraishi e Jess X. Snow; e O Rio de Janeiro continua lindo, de Felipe Casanova. Pola súa banda, a Sección Oficial reunirá 28 películas en seis programas competitivos, que se proxectarán entre o luns 7 e o sábado 12, con sesións ás 19:00 e ás 21:30 horas.

Fotograma de 'La Jetée' (1962), de Chris Marker ©

As seccións Oficial e Descubertas reunirán 32 curtametraxes, cunha selección que conecta cinematografías de Europa, Asia, América e Oceanía e ofrece unha panorámica das diferentes formas que adopta hoxe o cinema en formato curto

O cinema galego estará presente na competición internacional con Ángel Suanzes, que presenta Escala un cincuenta mil; David Fidalgo, con Lucus; e Bea Lema, con El cuerpo de Cristo.

A creación galega terá ademais un espazo propio en GZ_00, con cinco propostas que dan conta da diversidade do audiovisual galego contemporáneo: Moon Safari, de Hugo Amoedo Canal; Furada Negra, de Berio Molina; BROOM BROOM FOLLAR, de SOHU; A voz de todas as cousas, de Dani Pérez; e A través, de Juan Lorenzo Loureiro.

Espazo de debate e reflexión

O espazo para a reflexión chegará a través das Xornadas Cinematográficas, que nesta edición parten dunha gran pregunta: onde están os límites do cinema? Catro eixos abordarán os límites éticos e políticos da representación, a autocensura, as fronteiras entre creación e industria e a posible homoxeneización cultural do audiovisual contemporáneo

O espazo para a reflexión chegará a través das Xornadas Cinematográficas, que nesta edición parten dunha gran pregunta: onde están os límites do cinema? Catro eixos abordarán os límites éticos e políticos da representación, a autocensura, as fronteiras entre creación e industria e a posible homoxeneización cultural do audiovisual contemporáneo.

As conversas reunirán voces como Oriol Erausquin, Layla Martínez, Ricci Galiano, Antonio José Navarro, Jara Yáñez, Álvaro Peña, Yago Paris, Ariadna Cordal e Pepa Llausás, con debates que irán desde a representación de Palestina ou da extrema dereita ata a cultura da cancelación, as presións do mercado e os modelos narrativos dominantes.

Como culminación das Xornadas proxectarase Les Rendez-vous d’Anna (1978), de Chantal Akerman, unha obra que desafía as formas narrativas tradicionais a través dunha proposta minimalista e inmersiva, marcada polos planos longos, a observación do cotián e a distancia emocional da súa protagonista.

Cartel da XIX edición do FICBUEU © FICBUEU

O FICBUEU volverá reservar un espazo ás novas xeracións de cineastas a través das seccións Escolas de Cinema Galegas e Internacionais

O FICBUEU volverá reservar un espazo ás novas xeracións de cineastas a través das seccións Escolas de Cinema Galegas e Internacionais. A primeira reunirá cinco traballos procedentes da Universidade de Santiago de Compostela e da Universidade de Vigo. Pola súa banda, Escolas de Cinema Internacionais achegará catro propostas realizadas desde centros de formación de Rusia, Cataluña, Polonia e Suíza.

Neste 2026, o certame edición amplía ademais a súa presenza fóra das salas coa creación dunha canle propia do FICBUEU en Filmin, dentro da programación especial que a plataforma dedica aos festivais de cinema. A canle, dispoñible entre o 24 de agosto e o 13 de setembro, reúne oito curtametraxes internacionais que pasaron por diferentes edicións do certame. A escolma funciona como unha mostra da identidade e da liña de programación desenvolvida polo FICBUEU nos últimos anos

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.