O xogo dos birlos ou bolos celtas, en camiño de ser declarado Ben de Interese Cultural

Xogo dos birlos celtas nos IX encontros de Xogos tradicionais galego-portugueses CC-BY-SA Ponte nas Ondas!

O Diario Oficial de Galicia publicou este xoves o inicio dos trámites para declarar o Xogo dos Birlos de Galicia como Ben de Interese Cultural na categoría de patrimonio inmaterial

O Diario Oficial de Galicia publicou este xoves o inicio dos trámites para declarar o Xogo dos Birlos de Galicia como Ben de Interese Cultural na categoría de patrimonio inmaterial. O obxectivo é dotar os birlos (tamén coñecidos como bolos celtas) coas máximas medidas de protección "para salvagardala como unha manifestación da identidade galega e preservar a súa transmisión ás xeracións futuras".

No texto que introduce a resolución da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, destácase quea práctica do xogo dos birlos de Galicia "ten unha clara compoñente identitaria" e configúrase como "unha manifestación inmaterial sobranceira". O expediente e deberá resolverse no prazo máximo de vinte e catro meses a partir deste momento, un tempo no que se poden presentar alegacións e tamén informes que apoien a declaración.

Xogo de bolos celtas © Asociación Boca do Monte

No texto que introduce a resolución, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural destaca que a práctica do xogo dos birlos de Galicia "ten unha clara compoñente identitaria" e configúrase como "unha manifestación inmaterial sobranceira"

O texto publicado no DOG destaca que o xogo "presenta unha variada gama de modalidades, consiste en lanzar ou facer rodar unha bóla contra unha serie de birlos co obxectivo de derrubalos e desprazalos o máis lonxe posible, conxugando a plasticidade no tiro coa dinámica do exercicio e coas calidades físicas de forza, potencia e coordinación".

Os birlos celtas, como se recolle na páxina que o Consello da Cultura dedica aos xogos tradicionais do país, presentan "infinidade de variantes en Galicia" das que a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural destaca os bolos do Val Miñor, bolos da Comarca de Viana do Bolo, bolos de Xove, bolos O Canteiro, bolos en liña, bolos do Barbanza e bolos A Cova.

 

Os birlos celtas, presentan "infinidade de variantes", das que se destacan os bolos do Val Miñor, bolos da Comarca de Viana do Bolo, bolos de Xove, bolos O Canteiro, bolos en liña, bolos do Barbanza e bolos A Cova

O texto salienta que "os xogos dos birlos, como práctica tradicional, foron transmitidos de xeración en xeración oralmente e pola práctica mesma do xogo". "Dado que a regulación dos birlos era coñecida polo xeral da poboación, non se percibiu a necesidade de fixar as normas por escrito; así como tampouco foi recollido polos medios de comunicación locais nin, agás excepcións, foi plasmado en obras doutro tipo", engade

Pedra de birlos celtas na igrexa de San Vicente de Mañufe, Gondomar, Galicia CC-BY-SA Varperalta

O texto salienta que "os xogos dos birlos, como práctica tradicional, foron transmitidos de xeración en xeración oralmente e pola práctica mesma do xogo"

Dende a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude avógase por "conservar esta forma de expresión con tan importante arraigo popular", considerando que os birlos foron unha das principais formas de lecer no pasado e motivo de unión entre comunidades, e dado que está "diminuíndo a capacidade de transmisión a través da práctica e das persoas que gardan este saber nas súas distintas variantes espalladas por toda Galicia".

 

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.