Os premios Follas Novas do libro galego xa teñen finalistas: 39 aspirantes para 13 galardóns

Gañadores e gañadoras da edición 2022 dos premios Follas Novas © Gala Libro Galego

Os galardóns entregaranse o vindeiro 22 de abril nunha gala que se celebrará no Teatro Principa de Santiago de Compostela

Os Premios Follas Novas, que recoñecen o mellor da literatura galega do pasado ano, veñen de anunciar as obras iniciativas e profesionais finalistas para a súa edición 2022, a oitava do certame a terceira con esta denominación. Os galardóns, organizados de xeito conxunto pola Asociación Galega de Editoras, a Federación de Librarías de Galicia e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, entregaranse o vindeiro 22 de abril nunha gala que se celebrará no Teatro Principa de Santiago de Compostela. 

Hai tres finalistas para cada unha das 13 categorías do certame, un total de 39 aspirantes que saíron dunha primeira peneira de 80 candidatos e candidatas, que foran seleccionados e seleccionadas polos asociados e asociadas dos tres colectivos organizadores. A partir de aí, un xurado formado con persoas de recoñecido prestixio procedentes do sector do libro escolleu as e os finalistas e agora elixirá as gañadoras e gañadores.

Público asistente á gala de entrega da edición 2022 dos premios Follas Novas © Gala Libro Galego

As organizadoras salientan que a escolma de finalistas é "un espello do bo momento creativo do sector do libro galego"

As entidades organizadoras salientan que a escolma de finalistas constitúe "un espello do bo momento creativo do sector do libro galego". Os premios, que valoran e recoñecen o traballo de todos os sectores do mundo do libro, están organizados co patrocinio da Xunta de Galicia, o Concello de Santiago, a Deputación da Coruña e CEDRO (Centro Español de Dereitos Reprográficos).

Listado de finalistas

PREMIO Á OBRA DE ENSAIO E INVESTIGACIÓN
A defunción dos sexos. Disidentes sexuais na Galiza contemporánea. Daniela Ferrández Pérez. Edicións Xerais de Galicia
A música das palabras. Darío Xohán Cabana. Edicións Xerais de Galicia
Maternidades virtuosas. Unha crítica aos modelos profesionais de crianza. María do Cebreiro. Editorial Galaxia

PREMIO Á OBRA DE DIVULGACIÓN
Juana de Vega. A muller que desafiou o seu tempo. Marilar Aleixandre e Emma Pedreira. Editorial Galaxia
O libro negro da lingua galega. Carlos Callón. Edicións Xerais de Galicia
Memoria diversa. Eva Mejuto. Deputación da Coruña

PREMIO Á OBRA DE NARRATIVA
Non penses nun elefante rosa. Antía Yáñez. Edicións Xerais de Galicia
Os seres queridos. Berta Dávila. Edicións Xerais de Galicia
O tradutor de sombras. Moncha Fuentes. Edicións Xerais de Galicia

PREMIO Á OBRA INFANTIL
Animalario de ler a diario. Eduard Velasco (autor), Nuria Díaz (ilustradora). Edicións Xerais de Galicia
O gran libro da nosa horta. Blanca Millán. Edicións do Cumio
O neno de lume. Ledicia Costas (autora), Iván R. (lustrador). Edicións Xerais de Galicia

Os premios Follas Novas están organizados polas asociacións de libreiros/as, escritores/as e editoras © Gala Libro Galego

PREMIO Á OBRA XUVENIL
A ladroa da biblioteca de Meirás. Eva Mejuto. Edicións Xerais de Galicia
A lebre mecánica. Ledicia Costas. Edicións Xerais de Galicia
Que me pare o corazón se te esquezo. Andrea Maceiras. Edicións Xerais de Galicia

PREMIO AO LIBRO ILUSTRADO
Cando leo. Bea Gregores, (autora, Eva Mejuto). Edicións Xerais de Galicia
Verme. Federico Fernández. Germán González. Kalandraka Editora
Violeta Parapluie e outras historias de xente pouco corrente. Ramón D. Veiga (autor), Iván R. (ilustrador) Edicións Embora

PREMIO AO LIBRO DE BANDA DESEÑADA, GRÁFICO E HUMOR
Miñoca e pega. Iván Raña, Ramón Veiga. Edicións Xerais de Galicia
Pequena historia de Vigo. Pedro Feijoo, Xosé Tomás. Edicións Embora
Roxín Roxal. A daga do conde. Manel Cráneo. Demo Editorial

PREMIO Á INICIATIVA BIBLIOGRÁFICA
Así fala Penélope (Unha antoloxía de xénero). VV. AA. Edición de Marta Dacosta. Chan da Pólvora Editora
Chévere 1987-2022. Trinta e cinco anos de axitación cultural. Chévere. Kalandraka Editora
Entre leiras e labores (antoloxía verbo-visual de autoras galegas). VV. AA. Editora Urutau

PREMIO Á OBRA TRADUCIDA
Carol. Patricia Highsmith / Traducido por María Alonso Seisdedos. Kalandraka Editorial
Léxico familiar. Natalia Ginzburg/ Traducido por María Alonso Seisdedos. Editorial Laiovento
O verán en que miña nai tivo os ollos verdes. Tatiana Țîbuleac / Traducido por Andreea Birsanu. Rinoceronte Editora

PREMIO AO LIBRO DE POESÍA
Barroco. Antía Otero. Apiario
Materia. Yolanda Castaño. Edicións Xerais de Galicia
Montaña Ioga. Lupe Gómez. Edicións Espiral Maior

PREMIO AO LIBRO DE TEATRO
As alumnas. Paula Carballeira. Editorial Galaxia
Chévere (1987-2022).Trinta e cinco anos de axitación cultural. Chévere. Kalandraka Editora
Estrela… fugaz? Carlos Labraña. Editorial Galaxia

PREMIO AO LIBRO MELLOR EDITADO
Barroco. Antía Otero. Apiario
Chévere (1987-2022), Trinta e cinco anos de axitación cultural. Chévere. Kalandraka Editora
Criptografías. Pepe Cáccamo e Baldo Ramos. Alvarellos Editora

PREMIO PROMOCIÓN DA LECTURA
Canle de Youtube de Neeumatiko
Surfeando libros
Traballadoras das Bibliotecas Municipais da Coruña

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.