Os Simpsons, Palestina e memoria democrática, na programación do Viñetas desde o Atlántico

Presentación da edición 2026 do Viñetas desde o Atlántico © Concello da Coruña

Máis de 70 autores e autoras pasarán pola Coruña entre os días 10 e 16 de agosto para participar en 24 exposicións e unha ampla programación de máis de 100 propostas, dende obradoiros, charlas e clases maxistrais ata podcasts e espectáculos en directo

A edición 2026 do festival Viñetas desde o Atlántico presentou este xoves a programación dunha cita ineludible, que chega á súa 29ª entrega. Máis de 70 autores e autoras pasarán pola Coruña entre os días 10 e 16 de agosto para participar en 24 exposicións e unha ampla programación de máis de 100 propostas, dende obradoiros, charlas e clases maxistrais ata podcasts e espectáculos en directo, ademais de visitas guiadas e outras actividades pensadas para toda a cidadanía. Aínda que a semana central del festival será do 10 ao 16 de agosto, poderanse ver exposicións xa dende o mes de xullo. 

Na presentación, na que participou a alcaldesa Inés Rey, o director do festival, Manel Cráneo, o director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo e Miguel Robledo, autor do cartel deste ano, destacouse que esta será a edición “máis social e reivindicativo da historia do evento, con protagonismo para a memoria democrática e o recordo da represión franquista, e tamén para Palestina.

Neste senso, o director do festival, Manel Cráneo, destacou que a memoria social atravesará varias das exposicións, dende as experiencias das loitas sociais e a Guerra Civil española ata a mostra de autores e autoras palestinos na Fundación Luis Seoane, que se incorpora como sede do festival.

Cartel da edición 2026 de Viñetas desde o Atlántico, obra do ourensán Miguel Robledo © Viñetas

O director do festival, Manel Cráneo, destacou que a memoria social atravesará varias das exposicións, dende as experiencias das loitas sociais e a Guerra Civil española ata a mostra de autores e autoras palestinos na Fundación Luis Seoane

Inés Rey salientou que “o Viñetas é moito máis que unha semana en agosto. É un proxecto cultural que se estende durante todo o ano e que axuda a posicionar A Coruña como unha cidade creativa, dinámica e con ambición”.

“Desde este Goberno temos claro que a cultura non é só ocio: é unha ferramenta para comprender o mundo e tamén para transformalo. Por iso, este ano o festival pon o foco na memoria social e democrática, usando a banda deseñada para contar historias que nos interpelan como sociedade e que nos obrigan a non esquecer”, engadiu a rexedora.

Inés Rey salientou que “o Viñetas é moito máis que unha semana en agosto. É un proxecto cultural que se estende durante todo o ano e que axuda a posicionar A Coruña como unha cidade creativa, dinámica e con ambición”

O festival bate récord de colaboracións e propostas con un total de 24 entidades que participan nesta edición, que inclúen dende institucións como os Museos Científicos ata asociacións como Autobán, CUAC FM ou Amigos de la Ópera de A Coruña, festivais como Elas son artistas, organizacións como Amnistía Internacional, fundacións como Al Fanar e podcasts como El Nicho, de David Perdomo.

Viñetas desde o Atlántico mantén en 2026 as súas principais seccións que acompañan aos visitantes na súa experiencia no festival: Viñetas Expo; Viñetas Mini, con obradoiros diarios para público infantil, unha proxección cinematográfica e unha proposta teatral; Viñetas Show, cun concerto ilustrado, dúas proxeccións, unha obra teatral e dúas xornadas dedicadas a podcasts especializados de Galicia, Madrid e Cataluña; Viñetas Pro, con dúas clases maxistrais e unha sesión de revisión de proxectos para autores/as.

Ademais, destaca a extensa programación de Rúa BD que contará con 38 casetas entre as que figuran as de 18 editoriais procedentes de todo o estado presentando novidades e dinamizando este espazo vital do festival.

A alcaldesa, Inés Rey, saúda a Miguel Robledo, autor do cartel deste ano, ante Manuel Cráneo © Concello da Coruña

O festival bate récord de colaboracións e propostas con un total de 24 entidades que participan nesta edición

A programación de exposicións iniciarase no mes de xullo coas inauguracións de tres das mostras máis relevantes desta edición. Para abrir, da man da colaboración dos Museos Científicos Coruñeses, a eclipse adiántase nas viñetas máis artísticas na expo Eclipse de viñetas, na que dez autoras e autores locais (Xulia Pisón, Diego Burdío, Paula Esteban, Uxía Larrosa, Xulia Vicente, Jorge Peral, Marcos Calo, Luis Yang e Paula Mayor, con Jordi Bayarri como autor convidado) reinterpretarán dende a súa mirada a historia científica e artística das eclipses.

Ademais, na exposición Un paseo por Springfield. Os Simpsons na colección de Raúl García, poderemos achegarnos a unha mostra de merchandising e libros dos cómics da serie, con algúns debuxos orixinais e dedicatorias do propio Matt Groening. Raúl García traballou en varios capítulos da serie norteamericana e foi o primeiro animador español en traballar para Disney.

Na exposición Un paseo por Springfield. Os Simpsons na colección de Raúl García, poderemo achegarnos a unha mostra de merchandising e libros dos cómics da serie

Así mesmo, o Kiosco Alfonso encherase cunha ampla representación de obras de autores e autoras estatais unidos por un nexo: a memoria democrática e social na España do século XX. Así, os/as visitantes poderán desfrutar das obras O eco dos días rotos, de Alberto Taracido; Que el fin del mundo nos encuentre bailando e La piel como única bandera, de Sebas Martín; o xa histórico Paracuellos, de Carlos Giménez; Aquí donde estoy, de Tyto Alba e María Castro, e Caridad del Río, de Pep Brocal.

O programa expositivo completarase coas mostras de Miguel Robledo -autor do cartel desta edición- en María Pita; os premios Castelao na Casa da Cultura Salvador de Madariaga, Elas son fantásticas, autoras galegas de banda deseñada.

Cómpre destacar a incorporación da Casa Museo Casares Quiroga como sede de mostras vencelladas á memoria histórica que, nesta ocasión albergará ‘La guerra civil’ de Paul Preston, mostra que recolle o exitoso traballo de adaptación á banda deseñada das obras do historiador británico realizada polo autor José Pablo García.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.