Poesía, memoria histórica, radio, cinema, queixo... Todos os Premios da Crítica 2024

Foto de familia dos Premios da Crítica 2024 tras a entrega dos galardóns, este 19 de outubro en Vigo CC-BY-SA Xunta
Publicidade
Publicidade

Galiza, a voz que nos designa. A palabra de Luísa Villalta presidiu este sábado en Vigo o acto final dos Premios da Crítica de Galicia 2024. Con máis de catro décadas ás súas costas, as 70 persoas que compuxeron os dez xurados deron a coñecer os seus ditames nun acto conducido pola actriz Mariana Carballal e no que o pintor Antón Pulido recibiu unha homenaxe polo seu 80 aniversario.

No apartado de Creación Literaria o Premio da Crítica 2024 foi para Sonora, de Chus Pato. A obra xa galardoada co Premio Nacional de Poesía do Ministerio de Cultura é para o xurado unha "mostra de poesía expandida, mutante, emotiva e intelectual a un tempo, radical nas formas, profundamente suxestiva no contido, coherente cunha traxectoria en que a autora acompaña o devir da poesía galega até o século XXI".

Asistentes á entrega dos Premios da Crítica 2024, este 19 de outubro de 2024 en Vigo © Premios da Crítica

Na área de Investigación en Ciencias e Tecnoloxía o premio foi para o traballo BMPR2, como novo xene de predisposición a polipose colorrectal hereditaria. Esta investigación, subliñan, implicou o descubrimento dun novo marcador que "pode axudar a predicir o risco dun cancro hereditario de alta prevalencia en Galicia" tras "aunar o esforzo" de persoal investigador de varios centros galegos. e mesmo estendendo o podcast a formatos presenciais".

Publicidade
Publicidade

Chus Pato, Nomes e Voces, Jaione Camborda, a Feira do Queixo de Friol ou o Café Derby 21, entre as persoas e proxectos distinguidos nuns galardóns que homenaxearon o pintor Antón Pulido no seu 80 aniversario

A investigación foi protagonista tamén no premio de Ciencias Sociais e Humanidades. O galardón recaeu nun proxecto que, en rigor, xa non existe pero segue dando froitos. Trátase de Nomes e Voces, a investigación interuniversitaria encabezada polo catedrático Lourenzo Fernández Prieto que, co impulso do Goberno galego de coalición (2005-2009), permitiu "recompilar unha copiosa información e ofrecer abundantes datos relativos ás vítimas". O xurado valorou "o seu carácter interdisciplinar cunha vertente de investigación, divulgación e transferencia á sociedade que ten un acceso libre e gratuíto á obra".

O programa Efervesciencia de Manuel Vicente en Iniciativas Culturais e Científicas; a Orquestra Vigo 430 en Música; Almudena Fernández Fariña en Artes Plásticas; Tanxarina en Artes Escénicas; Jaione Camborda en Cine e Artes Audiovisuais e a Feira do Queixo de Friol e Pan de Ousá en Cultura Gastronómica foron tamén distinguidos nuns Premios da Crítica que, no eido da cultura dixital, premiaron o pocast Café Derby 21 que, tras catro anos e máis dun cento de programas -a maior parte deles da man de VINTE-, finalizou o pasado xuño.

A despedida do Café Derby 24, o pasado xuño CC-BY-NC-SA VINTE

O xurado salientou do Café Derby 21 "a capacidade de ter acadado no seu tempo de existencia un espazo de relevancia e dinamización da cultura galega no mundo do podcast. Fíxoo, cren, "pola diversidade de perfís vencellados ás expresións culturais do momento, cun estilo fresco

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.