Cultura
A Deputación da Coruña publica 46 anos depois un ensaio de Xohana Torres sobre Santo Andrés de Teixido
Teixido. San Andrés de Lonxe. Mitos e ritos obtivo en 1972 o Premio de Etnografía Federico Maciñeira, pero nunca viu a luz. Agora o ente provincial e a editorial Engaiolarte fan realidade os desexos da autora, nunha coidada edición presentada este xoves.
A presentación de 'Unha nova historia dos feminismos ibéricos' acompáñase de debates, poesía e música
Vigo acolle este venres un Coloquio Internacional organizado pola Cátedra José Saramago, que acompaña de numerosas actividade o lanzamento da obra colectiva coordinada por Silvia Bermúdez e Roberta Johnson.
Patrimoniogalego.net supera os dez mil elementos catalogados
Este catálogo social botou a andar no ano 2011 e dende entón foi crecendo grazas ao traballo desinteresado de ducias de voluntarios e voluntarias, que envían información sobre cruceiros, castros ou petróglifos de todo o país, documentando a súa localización e estado.
A comedia 'Buster' leva catro dos principais premios no V Carballo Interplay
Monumento, mellor webserie en galego e a arxentina Emilia envidia, mellor webserie internacional
"Hai máis autores que nunca, pero deixouse de publicar banda deseñada en galego"
ENTREVISTA | Manel Cráneo coordina o I Encontro de Banda Deseñada Histórica de Galicia, que comeza este venres, organizado polo Concello de Lugo, Demo Editorial e o portal www.historiadegalicia.gal. Haberá charlas, obradoiros e no Arde Lucus seis autores de cómic debuxarán en directo nas rúas
A Garda Civil considera delito a destrución dun xacemento arqueolóxico no Rosal que a Xunta viu legal sen sequera investigar
O Goberno galego recibiu varios avisos pero deu por válida a versión dunha construtora contratada por el mesmo para arranxar unha estrada que usou terra extraída dunha mina romana
"Existe unha visión idílica de como foi a emigración galega, que dificulta empatizar coas migracións actuais"
ENTREVISTA | Belén Suárez Fernández, profesora no Departamento de Socioloxía e da Comunicación da Universidade da Coruña, interveu este mércores na Semana de Filosofía de Pontevedra, onde analizou as actitudes da sociedade galega ante os novos procesos migratorios
O galego enxebre
L. C. Carballal
Unha xeración perdida para o cómic en galego?
Eduardo Maroño repasa a historia recente da banda deseñada recente, dende Polaqia e o seu Barsowia aos éxitos de Emma Ríos, David Rubín e José Domingo. Pero pregúntase "que foi do galego?" neste percorrido ou da publicación de autores do país nas editoriais galegas
Galicia perdeu máis de 100 bibliotecas na última década
Entre 2006 e 2016 o número de unidades pasou de 591 a 486, un descenso do 17%. O número de traballadores e traballadoras tamén vén caendo de forma ininterrumpida dende o ano 2008. A pesar diso un millón de galegos e galegas son usuarias das bibliotecas públicas.
"Púxose máis esforzo en coidar a lingua de ‘Fariña’ do que se ve en moitos produtos actuais da TVG"
ENTREVISTA | A serie de ficción sobre a historia do narcotráfico en Galicia é a primeira que leva a unha televisión estatal a maneira de falar dos galegos nos anos 80 e 90. O castelán de 'Fariña' ten entoación galega, sintaxe galega e algún vocabulario do galego; unha das responsables disto é Rosa Moledo, asesora lingüística da serie con máis de dúas décadas de experiencia no noso audiovisual.