Lionel Rexes: "O neofascismo mora nos sectores que sempre sospeitamos e non só nos grupos de hooligans"
Non hai moita narrativa galega que trate o tema da loita armada, onte e hoxe. Lionel Rexes publicou hai xa algún tempo A raíña das velutinas, que trata esta cuestión a través relato dun narrador que nin agocha as contradicións da mesma nin as continuidades entre o fascismo pasado e presente que, tamén, lle dan orixe.