20 filmes galegos participarán no Festival de Cine de Ourense
Dous filmes compiten na sección oficial, Manuel Vilariño. Ser luz e Angélica [una tragedia] e o resto nas seccións paralelas. O evento celebrarase do 28 de outubro ao 5 de novembro
Dous filmes compiten na sección oficial, Manuel Vilariño. Ser luz e Angélica [una tragedia] e o resto nas seccións paralelas. O evento celebrarase do 28 de outubro ao 5 de novembro
Focus GaliciaTunes celébrase xusto antes do Womex e comeza, o 16 de outubro, cun concerto de balde aberto ao público xeral
Rafa Anido e Javi Álvarez (Fluzo) unen forzas en 18 (Prenom / Grabaciones de Impacto / Porno / Bajoelvolcán, 2016), nove temas que navegan entre o surf, o shoegaze, o garaxe e a electrónica e un universo propio
A Unitaria, en Compostela, acolle este domingo un cabaré cómico-electoral presentado por Carlos Meixide, que comezará ás 20 horas. A festa, independentemente do que amose o reconto dos votos, continuará a partir das 22.30 horas.
Quico Cadaval dirixirá o que será o primeiro texto de Valle adaptado á nosa lingua despois de que a obra do autor de Divinas palabras pase ao dominio público o 1 de xaneiro de 2017. Estrearase en marzo en Santiago.
Do 22 ao 26 de setembro celebrará en Errentería a súa derradeira etapa, con concertos, mesas redondas e xuntanzas que celebrarán e reivindicarán a diversidade lingüística da Europa atlántica
O evento ofrecerá obradoiros e propostas de carácter multidisciplinar, onde a música e os live cinemas acompañarán ao programa de proxeccións audiovisuais.
Luz Pichel publicou hai uns meses tra(n)shumancias. Unha mostra máis do seu discurso, reivindicador das persoas subalternas
Gañadora do último Mestre Mateo ao Mellor Documental, Os días afogados conta a historia de como os veciños afectados polo encoro de Lindoso filmaron as súas aldeas antes de desapareceren anegadas.
Xnet e 15MpaRato traen a Galicia esta obra de "teatro de datos", que reconstrúe a "sala de máquinas" da crise, dos escándalos financeiros e da corrupción baseándose nas conversas textuais extraídas dos correos de Blesa. O venres 16 no teatro Rosalía de Castro da Coruña.