Nace en Vigo 35.ESAV, escola-cooperativa de artes visuais
O novo centro, que contará cun local e unha galería de arte no centro da cidade, ofrecerá catro mestrados e un ciclo superior, centrados sobre todo na fotografía e no cinema
O novo centro, que contará cun local e unha galería de arte no centro da cidade, ofrecerá catro mestrados e un ciclo superior, centrados sobre todo na fotografía e no cinema
A cuarta edición do certame entregará os galardóns o vindeiro 3 de maio en Pontevedra. Tralas votacións populares, agora será un xurado, integrado por músicos e profesionais do sector, quen escollerá os gañadores e gañadoras
O Festival de Contidos Dixitais celebrará a súa cuarta edición do 4 ao 6 de maio, convertido xa nun referente a nivel estatal. Todas as actividades son de acceso libre e gratuíto.
Entre o xoves e o sábado a segunda edición deste festival ofrecerá as actuacións dos holandeses The Mauskovic Dance Band, dos galegos Fluzo, Esposa, BULTO, Esteban & Manuel, Pálida e Boyanka Kostova e dos portugueses Surma, O Manipulador e Tren Go! Sound System.
Trátase dunha coprodución do Centro de Estudos Galegos John Rutherford da Universidade de Oxford e XOGA (Xove Ópera Galega-Galician Youth Opera), que levarán a escena a obra de Juan Durán e Manuel Lourenzo estreada en 2008 na Coruña.
ENTREVISTA | Falamos con Xoán Manuel Pérez Lijó, secretario da Asociación de Profesionais dos Arquivos, Bibliotecas e Centros de Documentación de Galicia (Bamad), que sinala as dificultades orzamentarias e pide unha maior colaboración entre Xunta, deputacións e concellos.
Monterrei, Cultura e Territorio e Alto Támega rexistran en Patrimonio tres novos castros, unha ara romana, un sartego altomedieval e oito estacións de arte rupestre, entre outros xacementos de gran valor. Piden a súa inclusión no Inventario de Bens Patrimoniais para a sua conservación e protección legal.
A Consellería de Cultura afirma que os cambios, que sorprenderon ao persoal destes centros, responden a unha modificación "habitual" dos equipos directivos. Bamad-Galicia cualifica os ceses de "decisión errada" e pide que estas prazas se cubran por concurso de méritos
Sés e o portugués Pedro Abrunhosa abordaron en Tomiño as razóns "políticas, sociais e culturais" do "descoñecemento" da produción musical entre ambos territorios
ENTREVISTA O novo presidente da RAG reflexiona sobre os desafíos da institución, sitúa a xente nova como "a clave da batalla" pola normalización e nega que haxa enfrontamento interno: "Non hai confrontación, senón algunhas discrepancias e mesmo cuestións persoais"
O economista, enxeñeiro, escritor e ex-edil do BNG en Lalín José Luis Sucasas, colaborador de Praza Pública, faleceu este 1 de abril na Toxa.