O Día das Artes celebra a Maruja Mallo, a gran vangardista galega
A Real Academia Galega de Belas Artes homenaxea este 1 de abril a pintora Maruja Mallo, creadora universal, transgresora e libre
A Real Academia Galega de Belas Artes homenaxea este 1 de abril a pintora Maruja Mallo, creadora universal, transgresora e libre
Ataque Escampe están a presentar o seu novo disco, 'Primeiros bicos'. Un traballo coherente coa súa traxectoria discursiva, mais un pouco diferente no musical.
A produción de Chévere levou catro premios, entre eles os de mellor espectáculo e mellor dirección. O presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), Ernesto Chao, centrou as reivindicacións da profesión na igualdade e no respecto aos convenios colectivos.
A antiga prisión do partido xudicial, inaugurada en 1887 e que pechou as súas portas en 1981, inaugura este xoves as súas instalacións tras unha completa rehabilitación. Unha exposición sobre os centos de presos e presas políticas que por alí pasaron abre a súa programación.
Foi elixido con 18 votos dos 19 académicos presentes nun plenario do que se ausentaron os académicos críticos coa súa candidatura, aos que pide que se unan para "facer o camiño xuntos". O novo dirixente reclama a colaboración de todas as institucións a prol da lingua "e non cada un na súa leiriña"
Asumirá a presidencia da Academia co apoio maioritario do plenario. Henrique Monteagudo, Torres Queiruga, Fina Casalderrey e Marilar Aleixandre conformarán a executiva.
Este luns 27 de marzo celébrase o Día Mundial do Teatro que, coma todos os anos, acompáñase dun manifesto galego, obra da actriz e dramaturga Imma António, que será lido da gala de entrega dos Premios María Casares, este mércores na Coruña.
Tui acolleu a estrea do filme en España. Conta a historia de Matsumi, Mayumi e Masumi, tres mulleres que se mergullan diariamente a pulmón en Wagu, unha pequena vila pesqueira da península xaponesa de Ise, para arrincar a orella de mar das rocas.
A proposición non de lei presentada polo PSdeG-PSOE na Comisión de Educación e Cultura contou co apoio de todos os grupos e pídelle ao Goberno galego que achegue un local para a entidade antes de que remate o ano 2017
O ex director da Editorial Galaxia formalizou a súa candidatura. A Real Academia Galega celebrará o vindeiro martes un pleno extraordinario no que escollerá presidencia e unha nova directiva.