Cultura
"A nosa sociedade vive a ilusión dun arquetipo de perfección"
Manuel Esteban Domínguez gañou o Premio Xerais con A ira dos mansos, unha novela que reivindica o dereito das persoas con discapacidade intelectual "a facerse como persoas, a errar, a vivir, en definitiva".
O sector do audiovisual reclama "persoal e medios" para o CGAI
As asociacións de actores e actrices, de guionistas, de directores e realizadores, a Academia Galega do Audiovisual, o Observatorio Audiovisual de Galicia e a Asociación Galega de Produtoras Independentes asinan un comunicado conxunto, que se une a outros chamamentos
Os Xerais reivindican o idioma propio e a "renovación constante" da literatura galega
Manuel Esteban, Iria Misa e David Pérez Iglesias foron os galardoados na gala deste sábado polas súas obras 'A ira dos mansos', 'Xa non estou aquí' e 'Todo o tempo do mundo'.
"As mulleres foron protagonistas de grande parte da resistencia máis activa e lúcida contra o franquismo"
ENTREVISTA A memoria histórica, a sede insaciable de violencia do fascismo, abrollan baixo unha historia familiar agochada na primeira novela de Xosé María Álvarez Cáccamo, As últimas galerías, que forma unha triloxía cos seus dous libros biográficos.
Documentan danos da industria do eucalipto a 40 xacementos do norte de Lugo
ADEGA e Mariña Patrimonio presentan un dossier que denuncia desfeitas provocadas a mámoas, castros e restos medievais en 12 concellos, causados polos madeiristas a través de plantacións, cortas, apertura de pistas ou rozado con maquinaria pesada.
"Ou non entenden como funciona unha Filmoteca ou isto é un plan premeditado de desmantelamento"
ENTREVISTA Falamos con Antonio Ramos, o proxeccionista do CGAI que será despedido este mércores, ficando a institución cun único técnico especializado, que tamén se ten que ocupar dun arquivo no que "as latas se amorean ata o teito, oxidándose e estropeándose por falta de persoal"
Os despedimentos no CGAI poñen en risco as funcións da filmoteca galega
Os sindicatos denuncian que a metade do persoal foi despedido ou amortizado, o que lle impedirá ao Centro Galego de Artes da Imaxe realizar o seu labor e que o traballo pendente xa se está a "amorear ata o teito"
VÍDEO | 'Galería de saldos', primeiro tráiler dun libro galego en realidade virtual
O escritor e xornalista Diego Giráldez lanza o 'booktrailer' do seu primeiro traballo literario, que vén de ser distinguido co premio Manuel Murguía.
Olloboi, a canteira do audiovisual galego
234 traballos de 59 centros de ensino de toda Galicia participaron na sétima edición dun festival que non deixa de crecer. O certame entregou os seus premios esta fin de semana en Boiro
12 citas para os 12 puntos da Irmandade compostelá
O 28 de maio de 1916 conformouse a Irmandade da Fala en Santiago, dez días despois de facelo a coruñesa. A cidade acolle este sábado unha ducia de actividades (lembrando os doce puntos do discurso inaugural do colectivo), que se pecharán cun acto central no Panteón de Galegos Ilustres
Oito preguntas imaxinarias e unha resposta des-esperada
Gustavo Peaguda Pérez