Voltar

Cultura

  • “Se hai que tomar partido, que sexa fóra da ficción”

    Algo mudou no xeito de escribir de Samuel Solleiro desde dz ou o libro do esperma. A súa nova obra, Gran tiburón branco, (Xerais), mantén a mesma ollada ao complicados, e ata patéticos, que podemos chegar a ser os seres humanos. Coa mesma frescura, a mesma retranca que o caracteriza, pero cunha perspectiva -di el mesmo- máis libre da dependencia do intento de facer unha crítica social explícita. Cinco relatos que son iso, cinco ficcións. Personaxes, ambiente e historia, e un estilo que se adapta a cada circunstancia. El mesmo o conta nesta entrevista.

  • As Xornadas de Banda Deseñada de Ourense resisten

    Celébranse entre o 2 e o 21 de outubro e entre a programación destaca unha exposición de orixinais de obras de novela gráfica galega editadas en 2011. Tamén se entregará o Premio Ourense á mellor iniciativa do ano de banda deseñada, e créase o Premio Benito Losada de Banda Deseñada, para autores de menos de trinta anos.

  • Patrimoniogalego.net supera os dous mil bens culturais catalogados

    A páxina, que ten pouco máis dun ano, constrúese coa informacións enviadas polos usuarios, que sitúan os elementos nun mapa e asi mesmo envían fotografías. Cruceiros, igrexas, castros, pero tamén paisaxes e edificios de arquitectura contemporánea compoñen esta base de datos colaborativa e en continuo crecemento.

  • “Nestes momentos o principal reto é conseguir manter o MARCO aberto”

    Se Xunta e Ministerio non pagan as súas débedas, o centro atopará grandes dificultades para continuar. De momento, o MARCO segue coa súa actividade, e a partir de novembro celebrará ademais os seus 10 anos de traxectoria, desde aquel acto de inauguración do 13 de novembro de 2002 que coincidou, ademais, coa data do afundimento do Prestige.

  • "A portada de El Jueves é brillante"

    Falamos co debuxante e humorista gráfico Kiko da Silva sobre o último número da revista satírica, que xoga coa prohibición de representar a Mahoma, ao fío da polémica xerada pola portada de Charlie Hebdo. Da Silva e a súa Retranca sufriron hai dous anos o boicot da súa imprenta por criticar o Papa Ratzinger nun numero especial co gallo da súa visita a Compostela. Audio no interior.

  • “A maioría da xente do audiovisual galego é moi cómoda”

    “O máximo referente actual da serie Z galega”. Con estas palabras, o escritor Diego Ameixeiras define o cineasta Javi Camino, quen esta semana participará no Freakemacine da Coruña coa proxección de Maldito Bastardo. Esta fita, estreada xa hai catro anos, resume unha visión radicalmente diferente dentro do audiovisual do país e afonda nun surrealismo único no cinema destes lares.

  • A máquina do tempo: O libro reinvéntase

    Trátase dun disco-libro autoeditado polo poeta Juan Carballo, a ilustradora Nuria Diaz e o músico Ramón Núñez e que contou coa colaboración de Guadi Galego ou Guillerme Fernández.