Reperkusión abre as súas portas co primeiro dos dous concertos de Manu Chao
Este xoves 17 de maio comeza a décima edición do Festival Reperkusión: tres días e tres noites de festicultura, con circo, pasarrúas, mercadiño e moita
música. Manu Chao é o cabeza de cartel do festival: ofrecerá dous concertos (xoves e sábado) nunha edición que por primeira vez se celebra na Cidade dos Muchachos de Bemposta, en Ourense.