
Cultura
Moito que soñar con Manuel Seixas
A web Sonhando con Seixas homenaxea o escritor e músico con textos de amigos (Josito Porto, Carlos Blanco, Bocixa, Uxía...) e versións das cancións de Korosi Dansas, aos que se anima a reunir para un concerto.
Lapis galegos contra a barbarie
O colectivo galego de debuxantes, ilustradores e humoristas gráficos deixou nas últimas dúas semanas unha importante produción enlembranza e homenaxe dos asasinados no ataque contra Charlie Hebdo en París
O derradeiro adeus galego a Germán Coppini
Publícase Semper Audax (Lemuria), unha edición limitada de disco de vinilo, CD e libro que recolle o concerto que o músico ofreceu en Ferrol en 2009, no que repasou os seus temas máis coñecidos xunto co Comando Delta, grupo formado dentro da Orquesta de Música Espontánea de Galicia
Inimigos
Lena Cullell'A viaxe de Gagarin' e 'Cronoloxía da urxencia', os mellores do ano para Fervenzas Literarias
As obras de Agustín Fernández Paz e Dores Tembrás foron as máis votadas en narrativa e poesía polas lectoras e lectores de Fervenzas Literarias, que tamén escolleron Historia da Literatura Galega II, Lapsus, Reo e Escarlatina. A cociñeira defunta en ensaio, teatro, xuvenil e infantil, respectivamente
“No mar habería que facer unha revolución, igual que na terra”
Montse Dopico entrevista Suso Lista, que publica Salseiros (Edicións Embora), un libro de relatos que respira vida. Frescura. Liberdade. Humor. Unha achega ás historias de Corme. Da Costa da Morte. Do mundo enteiro
"A lei mordaza é unha plasmación lexislativa dunha dinámica que xa se está a producir"
Pontevedra acollerá o vindeiro xoves 22 a representación da obra Dura Lex, de Volta e Dálle Teatro, unha reflexión satírica sobre as eivas do sistema xudicial que se complementará cun coloquio do xuíz Xermán Varela e o avogado Guillerme Presas (Esculca), con quen falamos.
O Observatorio do Audiovisual pide cambios nas axudas ao talento
Publica un informe que analiza a última convocatoria de AGADIC, que aínda que incrementa os fondos con respecto a 2013, fixa moi lonxe do orzamento de 2009. Ademais, o informe criticia a denaturalización destas axudas, que foron pioneiras no Estado.
Chanfaina Lab: Embutido de novo cinema galego
San Sadurniño acolle este sábado a proxección das pezas documentais creadas ao abeiro desta iniciativa, que en setembro reuniu nesta localidade dúas ducias de realizadores e realizadoras audiovisuais
“A miña identidade galega naceu aos poucos meses de chegar a Bos Aires”
Montse Dopico entrevista Xosé Neira Vilas, que vén de publicar dous novos libros: Días de Cuba e Lar, Nai, Pan (Galaxia)
"Cómpre combater a idea de amor que perpetúa os roles de 'machito' e princesa"
ENTREVISTA Carlos Negro desprende sensibilidade. A súa capacidade de empatía é a que fai que publique libros como 'Penúltimas tendencias', co que combate estereotipos, roles de xénero e a violencia contra as mozas. Unha entrevista de Romina Bal.