
Fontdevila: "Están blindados ante os xuíces, como non o van estar ante un chiste?"
O autor do cadriño da portada censurada por El Jueves sobre a abdicación do rei non entende por que se tomou a decisións e atribúea ás relacións políticas da empresa editora. "Xa tiven dous premios Príncipe de Asturias, expresa en relación ao secuestro dunha edición da publicación en 2007". O autor abandona a revista porque "baixar os pantalóns con isto paréceme unha falta de respecto con quen me apoiaron e co que dixen polo secuestro da outra portada".