
As letras italianas, protagonistas das 'Xornadas Literarias' do Concello de Neda
A 12ª edición do encontro, organizado tamén pola Facultade de Humanidades da UDC, estará dedicado a Alessandro Manzoni. Celebrarase do 23 ao 25 de abril, e será inaugurada por Giovanni Albertocchi, quen falará da relación entre o escritor e a poética da verdade.