A arte urbana toma as rúas de Ordes
Celébrase a sexta edición de DesOrdes Creativas, o Festival Internacional de Arte na Rúa na vila de Ordes. Mr. Thoms, Escif, Zosen ou o galego Isaac Cordal son algúns dos 13 participantes que realizarán intervencións artísticas por todo o casco urbano. Durante toda a semana tamén se realizará un ciclo de curtametraxes e pezas documentais, así como un concerto na clausura do festival.