Queres viaxar sen moverte do sitio? Vén ao Womex
Este xoves continúa a feira musical do Womex, e comezan os concertos abertos ao público, na praza da Quintana de Compostela e noutros espazos da cidade. Esta noite, sons procedentes do Brasil, Cuba, Mongolia ou Cabo Verde.