Cultura
"O sexo non é algo morno nin requintado"
Xulio Pardo de Neyra vén de publicar en Edicións Postivas Intensa e quente é a túa humidade azul, que el mesmo define como "a primeira novela pornográfica da literatura galega".
A Plataforma en Defensa do Castelo de Monterrei, contra as "mentiras" de Nava Castro
Nun comunicado acusa a directora de Turismo de Galicia, de "mentir" cando promete "garantir que a fortaleza seguirá sendo pública" co proxecto de dedicar o seu núcleo a un hotel de luxo explotado, en principio, por Paradores.
Máis dun cento de producións compiten no Festival Audiovisual Olloboi 2014
Un total de 116 fitas amateurs participan nesta mostra que, promovida pola Asociación Marearte, busca crear canteira entre escolares e non profesionais. A votación para o premio do público pecharase o próximo 9 de maio
"Hai quen pensa que as novas medran en Google e que os xornalistas non comemos"
David Reinero recolle o premio Xosé Aurelio Carracedo polo seu libro Angrois: o AVE en anacos, coeditado por Praza Pública. O xurado valorou a visión "ampla, crítica e obxectiva" sobre o accidente no relato xornalístico.
Elas len, eles navegan por Internet
Un informe elaborado polo Observatorio da Cultura Galega, do CCG, destaca que as mulleres len máis e tamén acoden en maior medida a bibliotecas, ao teatro e a concertos. Os homes, pola contra, realizan máis o seu consumo cultural a través da rede, ven máis a televisión e miran DVDs.
"No disco anterior non podía tocar ningunha guitarra, e agora tócoas todas. Foi como renacer"
Magín Blanco última a gravación de Gatuxo, un novo álbum infantil que acompañará o espectáculo do mesmo nome, estreado hai unhas semanas en Pontevedra, e que continúa o éxito acadado por A nena e o grilo e A nena e o grilo nun barquiño, editados tras o accidente que en 2010 case o aparta da música.
Mil 'selfies' para a lingua galega
Prolingua lanza unha iniciativa para gravar video-selfies coa frase "Por min o galego terá mil primaveras máis", que conmemora ademais o 35 aniversario desta frase de Álvaro Cunqueiro.
Pero serve para algo ser Trending Topic?
Francisco Castro
“Santiago é un escenario, non aproveitalo proba o pailáns que son os que nos gobernan”
Ruxe-Ruxe teñen noveno disco, Némesis. E, desta volta, é unha historia de ficción en tres actos, como unha ópera-rock, mais sen ópera e con punk, música tradicional, ska e a mesma enerxía de sempre.
'Poetarras', mellor webserie galega no Carballo Interplay
Os galegos Luís Zahera e Xúlio Abonjo recibiron o premio a mellor actor deste primeiro festival deste formato no Estado que tamén premiou as catalás Les coses grans e Ventura time como mellor traballo en imaxe real e mellor obra de animación.
Webseries; capital, Carballo
A localidade da Costa da Morte acolle desde hoxe e ata o domingo o primeiro festival dedicado a este innovador formato no Estado e converte Galicia en "referente". Concertos, debates e 'master class' completan a abondosa oferta deste certame pioneiro.