"Rematou o pesimismo, é o momento de loitar pola nosa cultura"
O vindeiro mes de setembro chega aos quioscos Oink! a revista do Xabarín Club con máis de 56 páxinas feitas íntegramente en Galicia e en galego. O seu director, Marcos Ferreira, cóntalle a Praza a evolución do proxecto que se convertirá na única publicación en galego para os máis cativos.