Dende hai algúns anos a Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) analiza e promove modelos de boas prácticas culturais en Galicia, desenvolvendo un Banco Dixital de Boas Prácticas Culturais, que busca pór a disposición de xestores culturais, responsables de institucións culturais, cargos públicos con responsabilidades en políticas culturais ou artistas, diversos "exemplos inspiradores para poder traballar máis e mellor no ámbito cultural".
As xornadas buscarán dar resposta ás necesidades culturais dos territorios, a través do coñecemento e a análise de experiencias de proxectos relevantes e sustentables, enmarcados dentro dos parámetros das boas prácticas culturais
Nas vindeiras semanas a entidade trasladará este modelo ás prácticas culturais que se realizan nos territorios polos que pasan os Camiños de Santiago. Será a través da iniciativa divulgadora ‘Boas Novas no Camiño’, enmarcada no programa ‘O Teu Xacobeo’ da Xunta, que ten como obxectivo crear sinerxías e espazos de diálogo entre prácticas culturais galegas e proxectos de obxectivos similares que se desenvolven noutros países europeos como Portugal, Francia, Dinamarca, Italia ou Reino Unido.
Serán catro xornadas de información e debate, conformadas por conferencias, seminarios, foros e actividades formativas, centradas na música e as artes escénicas, a arquitectura, a xeografía e a etnografía e mais a gastronomía
En total, serán catro xornadas de información e debate, conformadas por conferencias, seminarios, foros e actividades formativas. Abranguerán diversos ámbitos de actuación para tratar de ofrecer unha visión completa da cultura como un todo. No eido artístico será a través da música e as artes escénicas; en canto ao patrimonio material, trataranse a arquitectura, a xeografía e a etnografía; e no ámbito do patrimonio inmaterial, a temática escollida sera a gastronomía.
As xornadas buscarán dar resposta ás necesidades culturais dos territorios, a través do coñecemento e a análise de experiencias de proxectos relevantes e sustentables, enmarcados dentro dos parámetros das boas prácticas culturais e co obxectivo de poñer en valor as iniciativas culturais presentes nos diferentes traxectos do Camiño de Santiago.
Os escenarios serán tamén diversos, escollendo como sedes a cidade de Lugo (venres 3 de setembro) e as vilas de Ribadavia (venres 10), Tui (venres 17) e Betanzos (venres 24)
Os escenarios serán tamén diversos, escollendo como sedes a cidade de Lugo (venres 3 de setembro) e as vilas de Ribadavia (venres 10), Tui (venres 17) e Betanzos (venres 24), sempre a partir das 17 horas. Con esta escolla, a AGPXC busca "descentralizar a súa actividade e balanceala cara áreas xeográficas rurais e zonas de baixa intensidade cultural". Todas as sesións convocaranse en formato presencial e tamén online, e en ambos casos estarán abertas á participación tanto do sector como da cidadanía. As inscricións para participar de modo presencial poden realizarse a través do enderezo info@xestoresculutrais.gal.
Nos encontros van participar expertas e expertos internacionais e galegos vinculados ao proxecto 'Banco de Boas Prácticas para a Xestión Cultural', desenvolvido pola AGPXC co apoio da Deputación da Coruña, e que reúne 100 proxectos culturais inspiradores cuxa transferencia pode axudar a mellorar e profesionalizar o sector cultural