Do 6 ao 9 de abril o protagonismo repartirase entre os podcast e os proxectos que empregan a rede como unha ferramenta cultural, de humor ou de activismo. Por suposto, sen esquecer os habituais espazos destinados ás webseries
O Carballo Interplay chega á súa novena edición, nove anos nos que o festival de contidos dixitais vén achegando as creacións máis novas do ámbito audiovisual e das redes e convertendo, ademais, a Carballo no epicentro das novas tendencias. O que no ano 2014 naceu como unha cita modesta, centrada nas webseries, medrou ata se converter nun festival de tendencias que cada ano atrae máis público -de forma presencial ou en liña- e que abrengue eidos cada vez máis diversos.
Nesta ocasión, do 6 ao 9 de abril o protagonismo repartirase entre os podcast e os proxectos que empregan a rede como unha ferramenta cultural, de humor ou de activismo. Por suposto, sen esquecer os habituais espazos destinados ás webseries, cunha sección oficial que seleccionou 16 producións chegadas de todo o mundo e un apartado especial dedicado á creación galega.
Por Carballo pasarán algunhas das voces máis relevantes da Internet estatal, como Inés Hernand, Elizabeth Duval, Ana Polo, Asaari Bibang, Andrea Gumes, Eugenia Tenembaum e Nerea Pérez de las Heras
Por Carballo pasarán algunhas das voces máis relevantes da Internet estatal, como Inés Hernand, Elizabeth Duval, Ana Polo, Asaari Bibang, Andrea Gumes, Eugenia Tenembaum e Nerea Pérez de las Heras. E tamén coñecidos rostros e voces da cultura dixital galega coma Prado Rúa, Esther Estévez, Olaxonmario, Tamara Pazos e Berto.
Un dos pratos fortes será a gravación en directo do programa Gen Playz, de RTVE, que terá lugar o xoves 7 de abril ás 20 horas no Mercado de Abastos de Carballo, presentado por Inés Hernand. Un día despois, o venres 8 ás 20 horas levarase a cabo a grabación de Tardeo, de Radio Primavera Sound, programa conducido pola xornalista cultural Andrea Gumes.
16 webseries de todo o mundo competirán na sección oficial. A organización elixiu un total de 4 series galegas e en galego, 4 do resto do Estado e 8 procedentes de Arxentina, Chile, Ecuador, Estados Unidos, Canadá, Australia, Arxentina e Israel
16 webseries de todo o mundo competirán na sección oficial e optarán a levar os galardóns do festival, que inclúen 5.800 euros en premios. A organización elixiu un total de 4 series galegas e en galego, 4 do resto do Estado e 8 do resto do mundo, procedentes de Arxentina, Chile, Ecuador, Estados Unidos, Canadá, Australia, Arxentina e Israel.
O xurado oficial está formado por Marta Salicrú, Lucía Estevez, Víctor Salga, Betu Martínez e Ángela Andrada. Ademais, o público decidirá cos seus votos entre todas elas un premio de 400 euros e un xurado novo (formado por Berto Mira, Nee Barros e Malva) entregará outro premio de 400 euros.
O que no ano 2014 naceu como unha cita modesta, centrada nas webseries, medrou ata se converter nun festival de tendencias que cada ano atrae máis público e unha maior atención
Tamén se celebrará o habitual pitching de iniciativas que optarán ao premio de 'Mellor proxecto de serie web', na que os finalistas presentarán a súa proposta ante un xurado que decidirá que proxecto será o que reciba os 3.000 euros de financiamento para a realización do seu tres primeiros episodios. Este é o único premio destas características que existe en todo o estado español, e deu lugar a creacións como Peter Brandon (premio Mestre Mateo), Hai vida en Bran?, Sígueme, Xan, Amnesia 3.0, Cacola ou a gañadora da última edición, Pringadas, de Belén Puime.
O Carballo Interplay acollerá eventos especiais como a celebración do décimo aniversario do nacemento dunha das primeiras webseries galegas e unha das máis icónicas: Angélica e Roberta
O Carballo Interplay acollerá eventos especiais como a celebración do décimo aniversario do nacemento dunha das primeiras webseries galegas e unha das máis icónicas: Angélica e Roberta coa emisión do capítulo especial gravado para a ocasión.
E, ademais, a estrea da serie Pringadas, de Belén Puime, a webserie gañadora do 'Mellor proxecto de serie web' 2021. A serie conta a historia de tres compañeiras de piso que viven en Santiago de Compostela e enfróntanse a rupturas, o sentimento de non pertencer a ningún lado e o diagnóstico dunha ETS, capturando cun ton sincero e desenfadado a realidade dunha gran parte da mocidade universitaria galega.
O podcast, protagonista
O podcast será tamén protagonista, incidindo nesta ocasión na parte de audio do audiovisual. O festival quere "abrir espazos de diálogo e fomentar alianzas" entre creadoras/es, productoras e plataformas de Galicia e do resto de España "co obxectivo de favorecer a creación de proxectos conxuntos". A programación profesional do venres 8 de abril constará de presentacións e debates -pola mañá- e dun punto de encontro -pola tarde- para que creadoras/es, empresas productoras e plataformas de podcast de Galicia e de España contacten e intercambien ideas para posibles proxectos e colaboracións futuras.
O podcast será protegonista. O festival quere "abrir espazos de diálogo e fomentar alianzas" entre creadoras/es, productoras e plataformas de Galicia e do resto de España "co obxectivo de favorecer a creación de proxectos conxuntos"
Entre as persoas que interveñen están Jesús Blanquiño, xefe de proxectos de Podium Podcast, Marta Salicrú, directora de Radio Primavera Sound, e Tania Fernández Lombao, xefa do Servizo de Xestión Operativa de Programas de Radio Galega. Tamén Ana Garriga e Carmen Urbita, productoras do podcast Las hijas de Felipe, Manuel Bartual, director, escritor e guionista detrás dos podcast Biotopía e Santuario, e Carmen Pacheco, creadora e guionista tamén de Santuario. Ademais, o propio Manuel Bartual ofrecerá no marco desta edición do festival o obradoiro “Escribamos ficción sonora”, no que amosará o proceso de creación dos seus podcasts.
Os contidos galegos estarán presentes co podcast Café Derby 21 en formato especial, e convidados e convidadas como Tamara Pazos, Prado Rúa, Esther Estévez, Olaxonmario e Berto
Ademáis, terá lugar o encontro “CREA feat Podgalego”, que se xuntan na Zona Pro para falar sobre a importancia do traballo sonoro na arte e reflexionar sobre a importancia do son e a imaxe nunha conversa con diferentes profesionais da palabra e da música. Os contidos galegos estarán presentes ao longo de toda a programación coa participación do podcast Café Derby 21 en formato especial, convidados e convidadas como a divulgadora Tamara Pazos, a youtuber e tiktoker Prado Rúa, a xornalista Esther Estévez, o youtuber Olaxonmario e o músico Berto