Datan en 1786 a primeira muiñeira con notación musical, o baile que Sarmiento comparaba "cos saltos que fan os galos"
A tese de doutoramento Música e identidade galega. Do baile da gaita á muiñeira (S. XVII-XIX), defendida na USC por Julio Alonso Monteagudo, afonda na historia deste baile e nas súas orixes, que explora ata o século XVII, co precedente doutra danza, chamada gaita galega