Lotus leva a bandeira galega á F-1 como homenaxe ás vítimas
A escudería de Raikkonen lucirá a bandeira de Galicia nos seus monoprazas grazas á homenaxe que quere renderlle o seu propietario Gerard López, fillo de emigrantes de Riotorto.
A escudería de Raikkonen lucirá a bandeira de Galicia nos seus monoprazas grazas á homenaxe que quere renderlle o seu propietario Gerard López, fillo de emigrantes de Riotorto.
Se o club non arranxa as débedas cos xogadores antes do 31 de xullo, descenderá a 2ªB, o que provocaría a súa desaparición. Lendoiro pasou do "malo será" a "non garantir" a saída do equipo na categoría de prata.
A selección galega feminina proclámase campioa de España de fútbol praia tras os triunfos do Burela de fútbol sala. Pilar Neira, a súa adestradora, lembra que o equipo "aínda está esperando que chame algunha institución" para darlles os parabéns.
Elos e Canelas, o blog de ciclismo de Praza, analiza a figura do ciclista colombiano, revelación deste Tour e principal ameaza de Froome nas etapas dos Alpes.
Óscar Pereiro, un arzuán de apenas 21 anos convértese nunha das promesas da natación profesional. Compite na liga estadounidense NCAA, o ano pasado proclamouse campeón de España en 50 e 100 metros costas, conseguiu récord de España en relevos nos Xogos Olímpicos do Mediterráneo en Turquía e agora prepárase para Río 2016
O único club 'español' federado en Inglaterra busca apoios para seguir subindo chanzos e cumprir o seu soño de disputar a FA Cup representando a súa terra e "levando con orgullo a banda azul no peito".
O equipo coruñés racha co dominio catalán e gaña vinte anos despois a OK Liga, na que a vindeira tempada competirá tamén o Cerceda.
Ángel Barajas, un dos nove expertos que asesoran a UEFA sobre o 'fair play' financeiro, analiza a situación económica dos clubs e céntrase en Celta e Deportivo, ao que ve "nunha situación moi complicada" e "en risco de desaparición".
A formación remitiulle unha carta a Lendoiro e recolle a proposta que xa fora presentada por Mudega e pola Asociación Española de Mulleres
Futbolistas.
Falamos co autor de Futbolistas de izquierdas, Quique Peinado, quen nos ensina historias de compromiso e valentía de xogadores que en tempos de éxito se atreveron a posicionarse e a rachar co dogma de que futbol e política non se poden mesturar.
Rosabel Candal e Xerardo Porto presentan 'Depor Vida', unha obra que repasa a tempada do equipo e a paixón dos seus seareiros malia a difícil situación económica e deportiva. "O verdadeiro capital do club é a súa afección", di a autora.
Dende que deixou o ciclismo profesional, Mosquera colabora en todas as iniciativas relacionadas cun deporte que adora. Este sábado estará presente na primeira edición do Desafío do Atlántico – Mirador do Ézaro, unha marcha cicloturista que ascenderá este espectacular porto.