David Reinero

Unha ducia de avistamentos pouco comúns

Se é pouco común que unha pandemia nos obrigue a pecharnos nas casas, aparece un oso no Macizo Central ourensán e un foguete ruso desfaise fronte á costa galega. Repasamos unha ducia doutras visións pouco comúns.

  1. 01

    Oso no parque do Invernadeiro

    Máis dun século despois da súa desaparición da zona, un oso é gravado "reiteradamente" no Macizo Central ourensán por cámaras automáticas dispostas para a próxima película de Pela del Álamo producida por Zeitun Films, que facilitou as imaxes.

  2. 04

    Oso no Courel

    Antes de que aparecese un oso no Invernadeiro outras cámaras xa gravaran en 2014 outro exemplar no Courel.

  3. 05

    Ovnis

    Son varios os avistamentos de obxectos voantes non identificados rexistrados en Galicia , como o de Noia de 1993 ilustrado nesta imaxe tirada dun expediente desclasificado polo Ministerio de Defensa do que deu conta Europa Press.

  4. 06

    Tiburóns nas rías

    Tiburóns hai moitos na costa galega, pero non é habitual ver un peregrino ou momo nas rías.

  5. 07

    Lobos mariños

    A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños vén divulgando os seus traballos de avistamento e recuperación de todo tipo de animais no litoral galego.

  6. 09

    Eclipse

    As eclipses son máis habituais, pero non todas provocan a expectación da de 1905 que contamos nesta reportaxe.

  7. 10

    Irlanda desde A Coruña

    Máis alá da ciencia, o 'Lebor Gabála Érenn', ou Libro das Invasións de Irlanda, que se conserva no Trinity College de Dublin e vén de ser exposto na Cidade da Cultura, asegura que Breogán foi quen de avistar Irlanda desde A Coruña.

  8. 11

    Submarinos nazis

    Foron varios os submarinos alemáns avistados nas costas galegas durante a Segunda Guerra Mundial, como este U 966 Gut Holz fotografado pola forza aérea estadounidense mentres era atacado o 10 de novembro de 1943 fronte a Estaca de Bares, onde afundiu. 

  9. 12

    As torres das Pontes e Meirama

    As torres das centrais térmicas das Pontes, de 356 metros, e Meirama, de 200, poden ser vistas desde Vilalba ou Santiago respectivamente. Pero hai quen di que as puido avistar desde lugares moito máis afastados. Nestes tempos de cousas raras, todo pode ser.