Praza Pública

Unha ducia de exposicións nas que meterse nunha fin de semana de temporal

Ademais das coleccións permanentes, museos de toda Galicia teñen estes días exposicións temporais sobre todo tipo de temáticas que poden ser unha boa solución para refuxiarse do temporal.

  1. 03

    Soliloquios, de Ramón Conde

    O Centro Cultural Marcos Valcárcel, da Deputación de Ourense, acolle esta mostra do escultor Ramón Conde  ata o 15 de decembro.

  2. 04

    Mapa de desexos de Luis Seoane

    A Fundación Luis Seoane, na Coruña,  acolle ata xaneiro esta mostra de obras do artista seleccionadas por un cento de persoas en función de diversos conceptos e ideas.

  3. 05

    Norman Parkinson, sempre con estilo

    Tamén na Coruña a Fundación Barrié acolle ata xaneiro esta mostra do fotógrafo de moda Norman Parkinson.

  4. 07

    Jorge Martins e Eduardo Gruber

    Tamén en Vigo o MARCO ten abertas ata xaneiro dúas mostras con obras do portugués Jorge Martins e o cántabro Eduardo Gruber.

  5. 08

    Oswaldo Guayasamín 1919-1999. Dúas series. Dous aniversarios

    En Lugo a sede de Afundación ten aberta esta mostra do artista ecuatoriano.

  6. 09

    Fotografía Contemporánea na Colección Telefónica

    Outra sede de Afundación, a de Santiago, acolle esta mostra de fotografía. 

  7. 11

    Crecer co mar

    O Museo Massó de Bueu acolle esta mostra  sobre as orixes da vila e a súa relación co mar.

  8. 12

    Museo de Historia Natural de Ferrol

    Para combinar coas artes plásticas e a fotografía sempre é interesante dar unha volta polo Museo de Historia Natural que a SGHN xestiona en Ferrol e que destaca pola súa colección de mamíferos mariños e cetáceos fósiles, co enorme esquelete dunha balea presidindo unha das salas.